Avelino Cachafeiro
Centenario do nomeamento coma mellor gaiteiro de Galicia
1924-2024

En 1924, Avelino Cachafeiro Bugallo foi nomeado mellor gaiteiro de Galicia, un recoñecemento que marcou a historia da nosa música tradicional. Cen anos despois, 2024, en Músicas da Terra de Montes queremos renderlle homenaxe a este xenio da gaita, cuxa arte e legado seguen vivos na cultura galega. 

Nesta sección atoparás unha recompilación de artigos, programas de radio e televisión realizados para conmemorar este centenario, coa participación de Rubén Troitiño, quen elaborou os artigos e colaborou activamente nos espazos televisivos e radiofónicos. A través destes contidos, convidámoste a descubrir ou redescubrir a figura de Avelino Cachafeiro e a súa pegada imborrable na música de Galicia.

Artigos relacionados