Aí ven Avelino!
Este apartado é unha homenaxe a Avelino Cachafeiro, englobado dentro das actividades e publicacións de Músicas da Terra de Montes, polo centenario do nomeamento de Avelino Cachafeiro como mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago de Compostela no ano 1924.
Todo comezou coa idea de facer un apartado con participación aberta para que toda a xente que o desexe poida participar gravando unha peza do repertorio dos gaiteiros de Soutelo. Esta iniciativa xurdiu a raíz da gravación feita por Rubén Troitiño en plena pandemia, cando fixo unha aproximación ao que sería o cuarteto traído ao presente.
Para participar é moi sinxelo:
Formación de cuarteto: Deberá ser de dúas gaitas, tambor e bombo, cando o repertorio que se queira gravar sexa o que os gaiteiros de Soutelo gravaron en cuarteto. O cuarteto debe levar un nome.
Participación con pandeiro: Poderase incluír neste cuarteto outra quinta persoa tocando o pandeiro, en homenaxe a Andresa do Outeiro, tocadora de pandeiro que participou con eles.
Parella de baile: A participación pode incluír unha parella de baile, para engadir un elemento visual ás actuacións, enriquecendo así a homenaxe ao repertorio dos gaiteiros de Soutelo xa que eles, ás veces, levaban unha parella de adultos e incluso unha de nenos.
Pezas solistas: Tamén se poderá gravar unha peza de solista, con ou sen acompañamento de percusión.
Repertorio: As pezas do repertorio son as seguintes: "Foliada de Barro de Arén", "La Alfonsina", "Eicho de dar queridiña", "A volta da festa", "Estróupeles-Tróupele", "Rianxeira. Foliada Rías Baixas", "Fandango de Pontevedra", "Muiñeira de Chantada", "Foliada de Luxán", "Farruquiña, chaman á porta", "Foliada de Tenorio" ou "Alborada de Rosalía de Castro".
Confirmación de participación: Para poder participar, hai que confirmar no correo electrónico musicasdaterrademontes@gmail.com.
Publicación dos vídeos: Todos os vídeos estarán colgados na propia páxina web do proxecto, así como na páxina de YouTube do mesmo.
Esperamos contar coa vosa participación para render tributo a un dos máis grandes gaiteiros da nosa terra.
Foliada das Rías Baixas
Abóbriga
Abóbriga
Ramón Pazos - Gaita
Carlos Estévez - Gaita
Uxia Román - Pandeiro
Marcos Alfaya - Tambor
Nando Villarino - Bombo
Bailadoras Miriam Lorenzo e Sarai Santos
A volta da festa
Os Alegres de Pontevedra
Os Alegres de Pontevedra
Julio González - Gaita
Carlos Peso - Gaita
José Rodiño - Tambor
Juan Ruibal - Bombo
Muiñeira de Chantada
Os gaiteiros de Tenerife
Os gaiteiros de Tenerife
Eduardo Rogero - Gaita
Gonzalo Almeida - Gaita
Xoana Primoy - Tambor
Juanjo Ojeda - Bombo
Fandango de Pontevedra
Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores
Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores
Xulio Gonzalez - Gaita
Antonio Oliveira - Gaita
Adela Oliveira - Tambor
Alfredo Fornos - Bombo
Francisco X. Vicente - Pandeiro
Heicho de dar queridiña
Cuarteto Illa Pancha
Cuarteto Illa Pancha
Brais Monxardín - Gaita
Luis Rodil - Gaita
Marcos Rodríguez - Tambor
Hugo García - Bombo
Farruquiña, chaman á porta
Eric Feles
Eric Feles