Os gaiteiros de Soutelo
Cando se fala de Avelino Cachafeiro ou dos gaiteiros de Soutelo, é importante destacar que novas investigacións realizadas por Rubén Troitiño achegan novos datos e correccións de informacións previamente publicadas. Isto significa que os datos presentados en artigos anteriores poden estar errados ou poden ser ampliados.
Os gaiteiros de Soutelo son un grupo de referencia na música galega, tanto na Terra de Montes como en Galicia. Este cuarteto de gaitas, formado no inicio dos anos 20, deixou unha pegada innegable no panorama musical. Os protagonistas desta formación foron os irmáns Avelino Cachafeiro Bugallo e Victor Castor Cachafeiro Bugallo, que demostraron unha maestría inigualable na interpretación das gaitas. A eles únense o seu irmán Bautista Cachafeiro Bugallo, que manexaba o tambor, e o pai dos tres, Fermín Cachafeiro Balado, que poñía o ritmo co bombo.
Nalgúns momentos puntuais, sumábase a este cuarteto a súa tía Andresa Cachafeiro Viéitez procedente do Outeiro de Sanguñedo e experta tocadora de pandeiro. A súa presenza aportaba unha dimensión única á música do grupo.
Os gaiteiros de Soutelo desenvolveron a súa carreira durante un período aproximado de dezaseis anos, ata o inicio da Guerra Civil en 1936, cando a agrupación se desfixo como tal. Ao principio da formación mantiveron unha forte unión coa Sociedad Artística de Pontevedra, participando activamente nas súas actuacións. Ao longo desa etapa, producíronse dúas substitucións na formación. A primeira ocorreu despois do falecemento de Fermín Cachafeiro en 1928, pai dos tres irmáns, momento no que Antonio Ferro, coñecido como Charrone e procedente de Pontevedra, uníuse ao grupo. A segunda substitución produciuse trala morte de Bautista no ano 1933, cando Francisco Viéitez Fírvida incorporouse ao cuarteto.
É importante resaltar dous feitos históricos nos que participaron os gaiteiros de Soutelo. O primeiro deles foi a gravación de seis discos para a Casa Regal, que tivo lugar no Teatro Principal de Ourense. Fermín Cachafeiro inicialmente non participou nesta etapa, xa que a súa morte ocorreu antes da sesión. Tanto na biografía de Avelino feita por Rivas Troitiño coma nas autobiografías de Avelino e Castor, indícase que a gravación foi realizada en 1928. Tamén se menciona que na gravación coincidiron coa Coral de Ruada e a banda do batallón de Mérida, pero estas foron en 1929, como indican as noticias da hemeroteca. Unha entrevista na revista Vida Gallega de 1929 proporciona un pouco máis de claridade sobre a súa historia. Nela, indícase que gravaron os discos no verán, en principio dese mesmo ano 1929 (data da publicación da entrevista), non en 1928. Polo tanto, está máis en concordancia coa teoría mantida, de momento, por Rubén Troitiño sobre que os discos foron gravados en 1929.
O segundo feito destacable foi a súa viaxe por América, onde o grupo tivo a oportunidade de presentar a súa música ao público doutros países. O seu debut tivo lugar no Teatro Avenida de Bos Aires (Arxentina) o 25 de novembro de 1929. Durante a súa estadía en América, ofreceron varios concertos, sendo o último deles o 28 de febreiro de 1930, antes de retornar a Soutelo de Montes.
Os gaiteiros de Soutelo deixaron un legado importante na música galega, consolidándose como un referente na interpretación das gaitas e contribuíndo á difusión da cultura musical do noso país. A súa música e as súas actuacións foron apreciadas tanto a nivel local como internacional, deixando unha marca imborrable na historia da música tradicional galega.
Fotografías
As fotografías mostradas a continuación documentan os inicios dos gaiteiros de Soutelo. Nestas imaxes históricas, pódese apreciar como o cuarteto de dúas gaitas, tambor e bombo aínda non existía na súa forma clásica. En lugar diso, podemos ver a Castor tocando o frautín e a Bautista cunha caixa de latón, un instrumento típico das bandas de música da época.
Estas fotografías son testemuñas dun momento crucial na evolución da música tradicional galega, ofrecendo unha visión única sobre a formación e os primeiros pasos dun dos grupos máis influentes da nosa cultura musical.
Avelino á gaita, Castor ao fratutín, Bautista á caixa e Fermín ao bombo.
Nunha procesión: Avelino á gaita, Castor ao fratutín, Bautista á caixa e Fermín ao bombo.
Nas seguintes fotografías podemos ver a Castor cuns cantos anos máis que nas primeiras imaxes. Aquí, xa se aprecia a formación clásica do cuarteto, onde as dúas gaitas están presentes e a caixa de latón foi substituída por un tambor.
Estas imaxes documentan a transición e evolución do grupo, mostrando como foron adoptando a estrutura que os definiría como un dos referentes da música galega.
A continuación móstranse dúas fotografías publicadas en anos diferentes, ambas retratadas diante da Igrexa Matriz de Monção. A primeira imaxe foi publicada na revista Vida Gallega no ano 1924. Un ano máis tarde, en 1925, publicarían a segunda fotografía no periódico El Ideal Gallego.
A ESTRADA - MISCELÁNEA HISTÓRICA E CULTURAL
ALÉN DA SAUDADE: A FOTOGRAFÍA COMO DOCUMENTO HISTÓRICO
Juan Andrés Fernández Castro
ALÉN DA SAUDADE: A FOTOGRAFÍA COMO DOCUMENTO HISTÓRICO
Juan Andrés Fernández Castro
Grupo de danza e declamación formado por dona Melania Nine e grupo de gaiteiros, nunha foto obtida no esceario do Salón Novedades da Estrada, no decurso da velada benéfica á que fixemos referencia.
O anterior grupo, do que faltan tres mulleres, xunto cos gaiteiros de Soutelo, retratado na carballeira de Gradín propiedade da familia Nine e lugar frecuentado por dona Melania para celebrar eventos sociais e festas escolares.
MONTE SANTA TECLA
La Guardia (Galicia)
15 Tarjetas postales con fotografías del histórico Monte
Editadas por M. JIMÉNEZ HUETO
La Guardia (Galicia)
15 Tarjetas postales con fotografías del histórico Monte
Editadas por M. JIMÉNEZ HUETO
Libriño con 15 tarxetas postais sobre o Monte Santa Trega. Na número 12 podemos ver ao cuarteto co seguinte título: "12 - LA GUARDIA. MONTE SANTA TECLA. La procesión de la Santa en el día de la romería «Pro-Monte», a la que acuden infinidad de personas de toda Galicia.
Arquivo da familia Rey-Muñoz (Corcubión)
Grazas a Jano Lamas, quen compartiu estas impresionantes imaxes, agora temos acceso a novas fotografías dos Gaiteiros de Soutelo. Estas fotos pertencen ao arquivo da familia Rey-Muñoz de Corcubión e ofrecen unha nova perspectiva sobre a rica historia deste grupo musical emblemático.
Na primeira fotografía vemos a Avelino Cachafeiro e ao seu irmán Víctor Castor no chan, un momento capturado que amosa a súa camaradería e espírito musical. A dereita de todo, atopamos a Segundo Rey Fernández, outra figura importante nesta historia visual. Estas imaxes non só enriquecen o noso arquivo, senón que tamén nos achegan máis á vida e á personalidade destes músicos icónicos.
Nestas fotografías xa non aparece Fermín, o pai dos tres irmáns.
Outras fotografías
Que se conserva na actualidade?
Na actualidade, Rubén Troitiño posúe uns punteiros, bombo (segundo a familia é o orixinal do cuarteto) e tambor pertencentes a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, doados pola familia para a súa conservación. Ademais, a cor vermella dos instrumentos non é orixinal, senón que foron pintados con posterioridade.
Outra das gaitas que se conservan del chegou a Galicia procedente de Venezuela no ano 2021, grazas a Francisco Vieitez Casado, fillo de Francisco Vieitez Fírvida, percusionista do cuarteto os gaiteiros de Soutelo. Nunha das viaxes que fixo a Soutelo polos anos 70 atopouse con Avelino e este regaloulla, pouco antes de finar Cachafeiro. Foi así como este instrumento rematou no outro lado do charco.
Según as pescudas realizadas sobre este instrumento podemos dicir que tanto o punteiro coma a copa do ronco foron feitos en Riobó (A Estrada) e as outras partes do ronco pertencen, case con toda seguridade, á copa atopada na casa de Avelino Cachafeiro.
Discografía
Os temas que deixaron gravados forman un total de 12, dous por cada disco, no catálogo publicado pola Casa Regal podemos ler os seguintes títulos:
FOLIADA DE BARRO DE AREU. Solo de gaitas y canto.
LA ALFONSINA. Muiñeira. Dúo de gaitas.
EICHO DE DAR QUERIDIÑA. Foliada. Dúo de gaitas.
A VOLTA DA FESTA. (Pasacalle). Dúo de gaitas.
ESTROUPELES-TROUPELE. Muiñeira. Dúo de gaitas.
RIANXEIRA. Foliada Rías Baixas. Dúo de gaitas.
FANDANGO DE PONTEVEDRA. Dúo de gaitas.
MUIÑEIRA DE CHANTADA. Solo de gaita por Avelino Cachafeiro
FOLIADA DE LUXAN. Dúo de gaitas.
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA. Muiñeira. Dúo de gaitas.
FOLIADA DE TENORIO. Solo de gaita y canto.
ALBORADA DE ROSALÍA DE CASTRO. Dúo de gaita por Avelino y Bautista Cachafeiro.
Os discos compartidos neste apartado son do arquivo persoal de Rubén Troitiño.
Casa Regal
MUIÑEIRA DE CHANTADA
K 1377
Solo de Gaita
por AVELINO CACHAFEIRO
RS 1267
FANDANGO DE PONTEVEDRA
K 1382
Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
RS 1267
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA
K 1380
"Muiñeira"
Dúo de gaitas
GAITEROS DE SOUTELO DE MONTES
Director; A. Cachafeiro
RS 1268
FOLIADA DE LUXAN
K 1374
Dúo de gaitas
GAITEROS DE SOUTELO DE MONTES
Director; A. Cachafeiro
RS 1268
Columbia
ALBORADA ROSALIA DE CASTRO
WK 1381
Avelino y Bautista Cachafeiro
A 1492
FOLIADA DE TENORIO
WK 1378
Gaiteros de Soutelo de Montes
Canto por C. Cachafeiro
A 1492
EICHO DE DAR QUERIDIÑA
WK 1375
«Foliada» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
A VOLTA DA FESTA
WK 1384
«Pasacalle» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
EICHO DE DAR QUERIDIÑA
WK 1375
«Foliada» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
A VOLTA DA FESTA
WK 1385
«Pasacalle» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1488
RIANXEIRA
WK 1383
«Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
ESTROUPELES; TROUPELE
WK 1379
«Muñeira» Dúo de gaitas
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1480
FARRUQUIÑA, CHAMAN A PORTA
WK 1380
(Muñeira) «Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
FOLIADA DE LUXAN
WK 1374
«Dúo de gaitas»
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1491
LA ALFONSINA
WK 1376
«Muñeira» a dúo
Gaiteros de Soutelo de Montes
Director: A. Cachafeiro
A 1487
FOLIADA DE BARRO DE AREU
WK 1385
Gaiteros de Soutelo de Montes
Cantos por C. Cachafeiro
A 1487
Catálogos de discos
Como soaban?
No nomeamento das pezas atopamos un erro, están cambiados os nomes da Foliada Rías Baixas e de Estroupele-troupele.
Reedicións das gravacións
Discos de vinilo de 7 pulgadas
Discos de vinilo
Cintas de Cassette
CD - Disco compacto
O Gaiteiro de Soutelo
Xosé Manoel Rivas Troitiño
Xosé Manoel Rivas Troitiño
Título: O Gaiteiro de Soutelo - Unha espresión da cultura popular
Autor: Xosé Manoel Rivas Troitiño
Edicións: 1977 e 2000
Edición de 1977
Imp. EL IDEAL GALLEGO - Francisco Mariño, 12 - La Coruña
Depósito legal: C-326-1977
Edición do 2000
Imp. DIO, S.L. - Parque Tecnolóxico de Galicia - Ourense
Depósito legal: OU-0-2000
No PRE-LIMIAR da reedición do libro de 2000 podemos atopar a seguinte información escrita polo propio autor escrito en Madrid, decembro de 1999:
Este libro foi escrito no 1974, en plena mocedad do seu autor, e reimprímese tal como foi publicado tres anos despois baixo o pradroazgo de Coca-Cola. [...]
Dos datos que figuran na primeira edición, hai un erro no ano de nacemento de Avelino, que foi no 1899, e non no 1898. [...]