Victor Castor Cachafeiro Bugallo

Víctor Castor Cachafeiro Bugallo (Soutelo de Montes, Forcarei, 18 de setembro de 1906 - Venezuela, 22 de xullo de 1992) foi un destacado gaiteiro, membro do cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo, unha formación musical que se consolidou como referente da música tradicional galega na primeira metade do século XX.

Primeiros anos e influencia familiar

Víctor naceu no seo dunha familia cunha forte tradición musical. Fillo de Fermín Cachafeiro Balado e Dolores Bugallo, o seu avó, Juan Cachafeiro Viéitez, e o seu pai xa eran gaiteiros recoñecidos na comarca de Soutelo de Montes. Víctor tiña sete irmáns: Regina, Marcial, Darío, Carolina, Isabel, Bautista e Avelino, cos que compartiu a súa paixón pola gaita dende moi novo. Xunto aos seus irmáns Bautista e Avelino, así como co seu pai, formou o cuarteto Os Gaiteiros de Soutelo ao redor do ano 1920. Esta formación converteríase nunha das agrupacións máis emblemáticas e influentes da música galega da época, cunha traxectoria que se estendería ata o estoupido da Guerra Civil en 1936.

Traxectoria musical e recoñecementos

Castor formou parte de Os Gaiteiros de Soutelo xunto co seu pai e os seus irmáns Bautista e Avelino. Antes de consolidarse como o cuarteto tradicional de dúas gaitas, tambor e bombo que os faría famosos, tiñan unha formación inicial na que Castor tocaba o frautín e Bautista utilizaba unha caixa de latón, un instrumento moi común nas bandas de música populares da época. Non profundizaremos na historia do cuarteto aquí, xa que existe un apartado específico neste portal que detalla a súa traxectoria.

Ademais, Castor colaborou coa Sociedad Artística de Pontevedra, participando con Os Gaiteiros de Soutelo en diversas actuacións e eventos, o que reflicte a súa implicación e compromiso coa difusión e dignificación da música galega.

En 1924, Castor acadou un recoñecemento individual relevante no certame de gaitas celebrado en Santiago de Compostela, onde obtivo o terceiro premio como gaiteiro solista. A prensa da época rexistrou este evento, aínda que o seu nome apareceu incorrectamente como "Pastor Cachafeiro". A noticia detallaba:

Las fiestas patronales. A la hora en que cerrábamos nuestro número de ayer, quedaba celebrándose en la Plaza de los Literarios el Certamen de gaitas y bailes. Los gaiteros inscriptos eran nueve, dejando de presentarse tres. Los premios fueron adjudicados en esta forma: El primero, 150 pesetas, á Avelino Cachafeiro, de Sotelo de Montes (Pontevedra). El segundo, de 100, á Celestino López, de Santiago, y el tercero, 75, á Pastor Cachafeiro, de Sotelo de Montes.

Neste mesmo certame, o seu irmán Avelino Cachafeiro foi proclamado mellor gaiteiro de Galicia ao obter o primeiro premio, un recoñecemento que marcou un fito na historia da música tradicional galega.

Gravacións e internacionalización

Co cuarteto xa consolidado, gravaron seis discos dobres para a Casa Regal, cun total de 12 temas, contribuíndo enormemente á difusión da música galega. Ademais, realizaron unha xira internacional por América, levando o son das súas gaitas e a riqueza da cultura galega máis aló das fronteiras, nun momento no que a emigración galega buscaba manter viva a súa identidade.

O estalido da Guerra Civil en 1936 interrompeu a traxectoria do cuarteto, provocando a disolución do grupo.

Emigración a Venezuela e últimos anos

En 1952, como tantos outros galegos da súa época, Castor emigrou a Venezuela, acompañado pola súa esposa, Maria del Pilar Teijeiro Pita, e fillos. Alí continuou coa súa labor musical e cultural, contribuíndo á preservación e promoción da identidade galega na diáspora. A súa figura mantívose activa e relevante na comunidade galega en Caracas, especialmente no ámbito da música e da cultura tradicional, até o seu falecemento o 22 de xullo de 1992.

Os gaiteiros de Soutelo

O célebre cuarteto "Gaiteiros de Soutelo" no ano 1919. De esquerda a dereita: Avelino Cachafeiro Bugallo, Victor Castor Cachafeiro Bugallo, Bautista Cachafeiro Bugallo e Fermín Cachafeiro Balado.

Victor Castor Cachafeiro Bugallo

Destacar que nesta fotografía obsérvase a Victor Castor tocando un frautín feito por Joaquín García García no obradoiro Riobó de A Estrada.

A familia do "gaiteiro de Soutelo" en 1915. Castor, o menor dos irmáns, Avelino, o célebre gaiteiro, súa nai, Dolores, seu pai, Fermín, súa irmá Isabel e o seu irmán Bautista.

Bautista, Fermín e Castor rodeado de amigos.

Victor Castor Cachafeiro dirixindo o grupo de gaitas.

Vitrina onde podemos ver o chaleco coas condecoracións e a gaita de Castor Cachafeiro na Hermandad Gellega de Venezuela.

Busto de Castor Cachafeiro en la entrada del teatro Rosalía de Castro (Venezuela).

Fonte descoñecida.

Fonte descoñecida.

A visita do Rei Afonso XIII a Pontevedra en 1927

En 1927, o Rei Afonso XIII realizou unha visita oficial a Pontevedra como parte da súa xira por Galicia. Este evento histórico foi recibido con gran entusiasmo polos habitantes da cidade. Durante a súa visita, o rei participou en diversas actividades oficiais e cerimonias, sendo unha das máis destacadas a recepción nas escaleiras do edificio da Deputación de Pontevedra.

As fotografías capturan a cálida benvida da comunidade, coa presenza de autoridades locais e un ambiente festivo que reflectía o orgullo e a hospitalidade da rexión.

De ese evento consérvanse tres fotografías onde pódese ver á "Sociedad Artística de Pontevedra". Nas fotografías pódese ver a Avelino, Castor e Bautista. 

Documentos

O documento que presentamos a continuación foi cedido por José Manuel Gil, quen tivo a sorte de coñecer a Castor en Caracas en 1988.

Naquel ano, o Concello de Ponteareas organizou unha viaxe coa Coral de Ponteareas e o grupo de gaitas do Conservatorio, dirixido por José Manuel Gil, para ofrecer unha serie de concertos en Caracas. Ademais, formouse un grupo de baile para acompañar estas actuacións. No Centro Galego de Caracas, José Manuel coñeceu a Castor Cachafeiro, con quen estableceu unha amizade estreita dende o primeiro momento, cando tiña só 17 anos.

Foi precisamente durante esas conversas no Centro Galego cando Castor, compartindo lembranzas e historias da súa vida e traxectoria musical, lle entregou a José Manuel este pequeno currículum, un testemuño de gran valor que reflicte o legado e a paixón deste ilustre gaiteiro galego.

Currículum Vitae

Víctor Castor Cachafeiro Bugallo, nació el 18 de Septiembre de 1906 en Sotelo de Montes, Provincia de Pontevedra (Galicia - España).

A la edad de 7 años empezó a tocar la gaita formando con sus hermanos y padre el Conjunto de Gaitas denominado "Gaiteros de Soutelo de Montes". Como su abuelo y padre fueron gaiteros no hizo otra cosa que continuar la tradición y la herencia que le vino a todos los hermanos; comenzaron en el año 1919 a darse a conocer tocando, cantando y echando "aturuxos". Las simpatías aparecieron por todas partes, rompiendo con aquel modo de ver "cortadiño" de nuestros éxitos como así lo demuestran las crónicas de esos tiempos. Alguien llamó y con justicia "Gaiteros de la Raza Celta" a los de Soutelo, porque ellos fueron los más fieles intérpretes del folklore musical gallego.

Es en el año 24 en un certamen de gaitas celebrado en la Plaza de la Quintana, en Santiago por las fiestas del Apostol donde el grupo obtiene el primer premio proclamándoles "Los mejores gaiteros de Galicia". Con motivo de dicho triunfo Castelao les dedica un precioso artículo en el periódico "Galicia" además les hizo un dibujo en el folio de una de las gaitas representando a Rosalía Castro.

Después que aumentó la fama del grupo incluso fuera de la región, fueron solicitados por las comisiones de festejos enviados por la diputación de Pontevedra a los homenajes al Rey S.M. Alfonso XIII, siendo muy bien recibidas y aplaudidas en Madrid al paso por la calle Alcalá a los gritos de "Que toque Galicia". Más tarde en Pontevedra ejecutaron ante su Majestad la Alborada de Rosalía cuya letra recitó Mercadillo, el Rey pronunció emocionado ¡Ei Soutelo!.

En Marín les pidió el Rey que le recitaran la letra de "Ai Maruxiña nan vaias a herba". También al Príncipe de Asturias le dedicaron carciente en el Pazo de Oca.

Actuaron así mismo en un homenaje a Primo de Rivera.

Después de recorrer Galicia y otras regiones de España viajan a Portugal actuando en varias partes entre ellas en el San Juan de Oporto en la "Queima das fitas en Coimbra".

En el año 28 por encargo de la casa "Regal" grabaron 6 discos dobles de gramófono, sus títulos son bien conocidos: "Foliada de Tenorio", "Muñeira de Chantada", "A Volta da Festa", etc. A primeros de Diciembre de 1929 salen de Vigo en el buque "Sierra Córdoba" rumbo a su gira artística por América llevando todo el repertorio Gallego de la Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra de los siglos XIV y XV y alalás de los siglos XVI, XVII y XVIII. Las canciones, los a - la - lás y los bailes tenían en este grupo de artistas intuitivos y enxebres la más castiza y verista expresión.

Debutan en el Teatro "Avenida" de Buenos Aires haciendo llorar a los emigrantes con las notas de la Gaita. Castelao y Camilo Díaz Baliño fueron los que realizaron los decorados de exaltación de Galicia.

Ante la fama gallega de la época como la Argentina y Uruguay le dedicaron elogiosísimos comentarios.

Manuel Lustres Rivas publicó en Faro de Vigo una "Loa a los gaiteros de Soutelo de Montes" y Cabanillas les dijo unos versos muy emotivos.

De Buenos Aires pasaron a Rosario, Córdoba, y de allí a Montevideo actuando en el teatro "Artigas".

Después de la exitosa gira por América el grupo regresa a España a cumplir con sus compromisos artísticos.

En el año 36, celebrándose la Olimpiada de Barcelona, el grupo es solicitado para compartir actuaciones con los gaiteros de Escocia, intercambiándose entre ellos como recuerdo tocatas adaptadas a las gaitas. 

La misma noche de la llegada a la capital Catalana estalló la Guerra Civil.

Para Octubre de aquel año estaba anunciado un certamen internacional de música folklórica en Viena para el cual el grupo había sido invitado a participar, no pudiendo realizarse dicha participación del conjunto debido a la situación de la guerra.

El fallecimiento del Padre y parte de los hermanos Cachafeiro hizo que se disolviera el conjunto de gaitas de Soutelo de Montes.

En el año 1952 Víctor C. Cachafeiro, es contratado por el Centro Gallego de Caracas con la finalidad de formar grupos folklóricos, una vez llevado a cabo dicha misión fue solicitado por el Lar Gallego para el mismo fin.

Una vez residenciado en Venezuela trajo a su familia (Esposa y dos hijos) dedicándose además de sus labores de formación de grupos folklóricos, al campo de la enseñanza él y su esposa (Profesora Maestra Normalista en España y cuyo título fue otorgado por S.M. el Rey Alfonso XIII*). *(Aparece escrito: S. M. el Rey Alfonso III)

Durante 8 años dieron clases en la Escuela Parroquial del Recreo (diurno y nocturno) formando varias generaciones e incorporando a los adultos que no sabían leer ni escribir a la vida nacional.

En los 18 años siguientes dieron clases en los colegios: Barcelona, Nuestra Señora de las Mercedes, Macaracuay y San Marcos en el Llanito.

Su esposa falleció en 1966 y sus 2 hijos son profesionales universitarios uno graduado en Economía y el otro en Ingeniería Civil. Ambos casados con familias Venezolanas.

Desde que se formó la Hermandad Gallega hasta la fecha Víctor Cachafeiro sigue cumpliendo sus actividades en dicha Hermandad.

MENCIONES HONORÍFICAS

Artigos relacionados

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Na revista Cotaredo do ano 2006 publicábase o seguinte:

O gaiteiro que só comía porco

Francisco Rozados, "Rochi"

Diriase que as prescripcións médicas non foron escritas segundo para qué persoas. Un home que só xante e cee con carne de porco e ademais fume dúas caixas de cigarros diarias estaría, en teoría e conforme ás consellas facultativas, condenado a non durar moitos anos. Victor Castor Cachafeiro, o artista da gaita de quen se cumprirá o vindeiro18 de setembro o centenario, fixo esa dieta durante anos e durou oitenta e seis.

Medrar á sombra dun gran home e artista como foi Avelino Cachafeiro, o mellor gaiteiro de Galicia nos albores do século pasado, non debeu de ser doado. No ano 1936, o ano en que comezou a Guerra Civil despois de se disolver o cuarteto que tantas paixóns erguera nas dúas primeiras décadas do século XX Castor segue a tocar de cando en vez pola bisbarra, acompañado polo seu sobriño Maduro á gaita e por Caladiño á percusión en espaciadas ocasións mesmo os acompañaba Avelino, pero a situación xa non é a mesma para múisca tradicional, que comeza a declinar ante as preferencias do público polas grandes orquestras. Aínda así, Castor resiste bastantes anos antes de se dar por vencido e coller o camiño sen volta da emigración. No ano 1948, o mesmo no que falece o grande pintor presqueirense Virxilio Blanco, aínda é Castor quen solicita a licencia para a apertura do nacente cine que levaría o mesmo nome có da sala de baile fundada polo seu irmán Avelino: "Cine Changüí".

É no ano 1952 cando abandona a terra que vira nacer e consagrarse coma un dos mestres da gaita para establecerse en Caracas. Alí, o seu labor social e musical é digno de enxalzamento. Formará a centos de músicos e fundará tamén varias formacións de música tradicional, entre elas o grupo de gaitas Celta, grupo oficial da "Hermandad Gallega de Venezuela". Este buque insignia da "Hermandad" sería fundado dez anos despois da súa chegada ó país venezolano e dous anos despois da fundación da propia "Hermandad", e sería dirixido por castor ata a súa morte, acaecida o 22 de xullo do ano 1992. A impronta de Castor no centro galego foi semellante á que tivera o seu irmán Avelino na Pontevedra dos anos vinte. O seu espírito aínda fica alí, inmortalizado nun busco realizado polo escultor Fermín Lacarra á entrada do teatro "Rosalía de Castro". A súa gaita a mesma coa que gañara o premio "Alborada de Veiga" no ano 1928 en Santiago, o seu chaleco e as múltiples condecoracións que obtivo ó longo de toda a súa carreira tamén teñen un lugar privilexiado nunha vitrina da propia "Hermandad", legadas pola súa familia para lembranza das presentes e futuras xeracións de galgos que viven a república venezolana.

Castor tivera o seu propio papel dentro do cuarteto de música tradicional fundado polo seu irmán maior. Nas Olimpiadas Populares de Barcelona do ano 1936, Castor compuxera a "Marcha de Guerra", con tan mala e coherente sorte que o día en que chegaron á cidade condal, declarouse a triste Guerra (in) Civil da que agora se cumpren 70 anos. lan convidados para actuar nesas Olimpiadas, e tiñan pensado des filar pé con pé co patriarca Daniel Castelao, a quen os unía unha fonda e fructifera amizade desde o ano 1924. Cumpríanse tres anos da morte do irmán Bautista e oito da de Fermín, pai dos gaiteiros. O grupo xa non era, polo tanto, o orixinal, pero as almas fortes seguían sendo as de Avelino e Castor, os dous compositores e encargados dos arranxos musicais das pezas que con tanta fortuna tocaban ante públicos entregados de antemán. 

Pero, como xa dixemos, o labor fundamental na vida de Castor xorde trala súa marcha á capital venezolana. No ano 1952 é chamado polo Centro Galego de Caracas coa intención de formar un grupo folklórico. Era a segunda vez que cruzaba o Atlántico, pero esta vez, sen el ser consciente, de xeito definitivo. Despois de cumprir con ese cometido no Centro Galego, é chamado tamén polo Lar Galego para a mesma misión. É nese intre cando a súa dona e os seus fillos parte tamén cara a Venezuela para establecerse con el. Ese feito demostra que a intención, xa naquel entón, de Castor, é a súa radicación definitiva no país bolivariano. A súa dona era mestra de escola, e a partir dese intre e nos seguintes oito anos, os dous exercerán coma mestres normalistas na escola parroquial "El Recreo", educando a varias xeracións de rapaces e mesmo incorporando á vida moderna a adultos analfabetos. Despois, tamén seguirían exercendo a profesión docente nos colexios Barcelona, Nuestra Señora de las Mercedes, Maracuay e San Marcos, en El Llanito. 

No ano 1960 chegou a unificación das casas galegas de Venezuela, no que se deu entón en denominar "Hermandad Gallega", e da que pasou a formar parte Castor coma integrante do antigo Lar Galego. Para a "Hermandad" crearía, como xa se ten contado, o grupo de gaitas "Celta", e pasaría a ser toda unha institución en Venezuela. Nos finais dos anos setenta e comezos dos oitenta do pasado século, aínda organizaría un grupo infantil en Maracaibo, sen deixar de vivir en Caracas. Ese grupo tomaria o seu nome. 

Varias xeracións de gaiteiros, pois, foron iniciados e conducidos polo mestre Castor Cachafeiro e o seu labor didáctico nos diferentes centros de emigrantes galegos. Hoxe continúa vivo e presente na memoria dos galegos de Venezuela, coma exemplo de home tenaz e entregado á causa da música tradicional galega, E, como advertimos, entregado tamén á gastronomía máis nosa, a que lle serviu para se manter "mozo" contra a opinión dos galenos, ata os seus oitenta e seis anos. Se vivise hoxe, o mestre Castor alcanzaría, neste letras para lembrar a un dos homes dos que todo Soutelo, todo Forcarei e toda a Terra de Montes se debe sentir orgulloso, Otero Pedrayo, o patriarca das letras que prologou o libro de poemas de Avelino, deixou escrito estas fermosas verbas: "traballou o galego a terra con incansable ansia de facela paisaxe... combinou o desexo das rutas do mundo co entrañado amor polo horizonte nativo". Semellan feitas pensando en Castor, un home, un artista que traballou primeiro na terra que o viu nacer, que emigrou a outro continente, pero que nunca esqueceu nin deixou de practicar o amor polo horizonte nativo, onde tamén o lembramos coa seguridade de ter nel a un dos eximios representantes da raza dos bos e xenerosos. Irmandámonos, a que logo, co outro lado do Atlántico, cos residentes en Caracas, Maracaibo, Maripérez ou Valle Fresco, neste amor conxunto por unha das figuras insignes da nosa música, Castor, o cerraportelos dos irmáns Cachafeiro.

Xullo de 2006

Gaitas y Cuerdas
Hermandad Gallega de Venezuela

Grupo de Gaitas Celtas - No medio V. Castor Cachafeiro

De como Anxo de Ferrol coñeceu a Castor Cachafeiro na Venezuela de 1983

Un recordo de como Anxo Mijan Caxiao coñeceu a Victor Castor Cachafeiro no ano 1983. Un anaco de historia viva chegada da man de Hugo López Arias onde podemos escoitar a Anxo contando de primeira man como foi a súa vivencia:

Prensa

El pueblo gallego
24/08/1977

La Voz de Galicia
06/09/1977

El pueblo gallego
08/09/1977

La Voz de Galicia
08/09/1977

El pueblo gallego
11/09/1977

El pueblo gallego
15/09/1977

La Voz de Galicia
26/10/1980

La Voz de Galicia
04/03/1981

La Voz de Galicia
07/01/1982

La Voz de Galicia
03/09/1982

La Voz de Galicia
19/09/1982

La Voz de Galicia
20/09/1982

La Voz de Galicia
25/09/1982

La Voz de Galicia
28/09/1982

La Voz de Galicia
07/10/1982

La Voz de Galicia
28/07/1992

La Voz de Galicia
28/07/1992

La Voz de Galicia
29/07/1992

Vídeos relacionados

Artigos relacionados