Juan Cachafeiro Viéitez

Juan Cachafeiro Viéitez, natural de Outeiro de Sanguñedo, un lugar preto de Soutelo de Montes. Nado arredor de 1831, foi casado con Luisa Balado Gil e tivo varios fillos, entre eles Fermín Cachafeiro Balado, que xunto cos fillos deste, Avelino Cachafeiro Bugallo, Victor Castor Cachafeiro Bugallo e Bautista Cachafeiro Bugallo, formarían o cuarteto Os gaiteiros de Soutelo

Máis aló de ser o pai de Fermín e avó dos irmáns Avelino, Victor e Bautista, Juan tamén foi padriño de Avelino. Pero a súa relevancia na historia da música popular galega non remata aí. Ademáis de ser músico, Juan era irmán de Andresa Cachafeiro Viéitez, a primeira tocadora de pandeiro documentada na Terra de Montes. 

O gaiteiro de Soutelo - Xosé Manoel Rivas Troitiño

Edición de 1977

Edición do 2000

"Xoán Cachafeiro, de Sanguñedo, e Aurea Cachafeiro, abó e tía do rapaz recén nado, foron padriños do bautizo ese mesmo día. O rapaz chamábase, dende entón, Avelino Cachafeiro Bugallo, nome á engadir aos de Regina, Marcial, Darío e Carolina, irmáns maiores do recén nado. Os aboengos destes rapaces eran todos de Montes. Pola banda do pai, os abós -Xoan Cachafeiro e Loisa Balado- entroncaban en Sanguñedo [...]."

"Coido que tamén soara a gaita en Soutelo o día do nacemento de Avelino; o seu abó e padriño tiña sona de bó gaiteiro, e o pai do rapaz tamén."

"Este, asegún lembra a súa irmán Sabela, empezóu a aficionarse á gaita polos seus doce anos. Do abó adeprendera o rudimentario da téinica, e o demáis foino coñecendo ás agachadas."

Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Xoán Cachafeiro

Gaiteiro, nado en Soutelo de Montes nos primeiros do século XIX, pai e abó respeitivamente dos esgrevios gaiteiros Fermín, Avelino, Castor e Bautista Cachafeiro Bugallo.

Dende mociño aledóu todas as festas, ruadas e casoiros das xentes de Terra de Montes co seu arte axudado polo fillo Fermín dende neno, cando este foi gaiteiro, o vello Xoán tocóu con él o tamboril, sin perder o cariño da mocedade e a ledicia.

Foi o mestre de duas xeracións de esgrevios gaiteiros de Soutelo de Montes.

Artigos relacionados