Juan Bautista Alberte Fírvida
Tista
Juan Bautista Alberte Fírvida, máis coñecido coma Tista, viu a luz o 17 de novembro de 1947 en Soutelo de Montes, Forcarei, como parte dunha familia profundamente inmersa na tradición musical. Creceu nun entorno onde a música era parte esencial da vida cotiá, compartindo a súa paixón co seu irmán Avelino Alberte Fírvida. Esta relación coa música foi influenciada e nutrida polo recoñecido gaiteiro de Soutelo de Montes, Avelino Cachafeiro Bugallo.
Xa antes de cumplir os dez anos comezou a tocar o tambor grazas a un señor que traballaba como garda forestal na zona. A súa avoa tivo a iniciativa de falar con este home para que lle impartise clases de tambor. Non obstante, o instrumento que se convertería no seu principal sería a batería, a cal aprendeu de maneira autodidacta e coa axuda do seu irmán Avelino. Observando, probando e practicando, perfeccionou a súa habilidade na batería ao longo dos anos.
Antes de centrarse na batería tamén experimentou co bombo, tocando en colaboración con outros músicos da zona como Jesús Campos Fernández, coa gaita, e Avelino Alberte Fírvida, encargado do tambor.
A súa traxectoria musical vense interrompida cando debe cumprir o servizo militar, levándoo dende o seu querido Soutelo de Montes ata Cádiz, e finalmente, destinado a Marín na Marina.
O seu amor pola música levouno a formar parte activa da escena musical, actuando regularmente na sala Changüí de Soutelo e sendo membro de varios grupos, entre eles Xuncada ou Os Diplomáticos do Acordeón. Con este último, conseguiron a gravación dun disco con 12 temas, obtendo recoñecemento en toda Galicia e participando en destacados programas da televisión de Galicia como Luar ou Alalá.
A música non foi o único campo no que se destacou Tista, tamén exerceu como taxista en Soutelo de Montes.
De esquerda a dereita: Pepe "Tranquilo" cos seus fillos Avelino, Tista e Pepe. Fotografía de Virxilio Viéitez.
No bar Changüí en Soutelo de Montes propiedade de Avelino Cachafeiro, coa gaita nesta fotografía. Tamén podemos ver a Bautista Alberte Fírvida á caixa e a Maduro e Avelino Alberte Fírvida aos acordeóns da dereita.
Actuación musical na sala "Changüí" de Soutelo nos anos 60. Ó acordeón, Avelino Fírvida, e á batería seu irmán Bautista.
Xuncada: Bautista Alberte (batería), Maduro (gaita), Francisco Alberte (baixo) e Avelino Alberte (teclados).
De esquerda a dereita: Francisco Félix Cachafeiro Fernández (Paco de Cachafeiro), Gumersindo Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Avelino Alberte Fírvida, José Fírvida Cachafeiro (Maduro), Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista), Concepción Pérez Ruiz e Joaquin Jose Santiago Barreiro Varela.
Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Julio César García Cendón á pandeireta, Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Julio César García Cendón á voz, Juan Bautista Alberte Fírvida (Tista) á bateria e Jesús Campos Fernández ao acordeón na sala Avenida de Soutelo de Montes.
Avelino e o seu irmán Bautista.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra
Bautista, Xurxo Souto, Paco, Jesús e Avelino.
Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra - Os gaiteiros de Soutelo (2019) - Iniciativa da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra
Sábado 27 de outubro de 2018 - Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida.
Sábado 27 de outubro de 2018 - Homenaxe a Avelino Alberte Fírvida. Intervención de Tista.
50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro (16.04.22)
Rubén Troitiño e Tista Alberte
50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro (16.04.22)
Rubén Troitiño e Tista Alberte
50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro (16.04.22)
50 aniversario do pasamento de Avelino Cachafeiro (16.04.22)
Fotografía no XXV aniversario dos Abrentes de Cerdedo - Centro Cultural de Cerdedo
Os diplomáticos do acordeón
Programa Alalá, da Televisión de Galicia, adicado ao grupo Os diplomáticos do acordeón.
Data de emisión: 4 de abril de 2006 na Televisión de Galicia
Hoxe estamos co grupo Os diplomáticos do acordeón, unha desas agrupacións marabillosas ás que paga a pena coñecer. Formado por oito homes, oito veteranos para os que a música, mais ca un entretemento, é case un xeito de entender a vida.
Todos pertencen á Terra de Montes, desde Soutelo ata Forcarei pasando por Cachafeiro, unha comarca famosa a principios do século vinte polos gradísimos gaiteiros que lle deron fama. Pero houbo outra época, a partir dos corenta, na que as gaitas deron paso ós acordeóns, anos nos que os salóns de baile se fixeron moi populares e nos que xa se bailan outros ritmos.
Neses salóns de baile “criáronse” varios membros dos Diplomáticos que, desde moi pequeniños, tiveron a obriga de aprender a tocar un instrumento para axudar na economía familiar. Entre eles os irmáns Alberte Fírvida, bisobriños do popular Avelino Cachafeiro, que chegaron a formar un orquestra completa que tocaba no salón de baile da familia, o “Changüí”.
Tamén Moncho aprendeu a tocar o acordeón porque seu pai era o dono do “Paraíso”, un salón de Forcarei que agora lle pertence a el. Un caso semellante é o de Paco Cachafeiro, tamén ligado ó mundo do acordeón e dos salóns de baile.
No Alalá desta semana coñecéremolos a eles e ó resto dos Diplomáticos: a Jesús, un reloxeiro xubilado que, ademais de dar clase, colecciona acordeóns, de feito, xa ten mais de 130 instrumentos; a Toño, un amante da música dos sesenta que desfruta tanto da guitarra eléctrica como do acordeón; e a Joaquín, o vocalista, que canta coa mesma paixón un bolero ca unha muiñeira.
Os diplomáticos do acordeón
Foliada de Cachafeiro (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Popurrí Galego (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Fun ó viño a Ribadavia (programa Luar da Televisión de Galicia)
Os diplomáticos do acordeón
Pezas galegas (programa Luar da Televisión de Galicia)
La década prodigiosa e os diplomáticos do acordeón
(programa Luar da Televisión de Galicia)
Discografía
Cara A
1) Cambeses
2) Jota de Moncho
3) Muiñeira de Ourense
4) Foliada de Cachafeiro
5) Esta noite e mais a outra
6) A ría de Vigo
Cara B
1) Muiñeira de Forcarei
2) Pra onde vas María
3) O viño Alvariño
4) Fandango de Pontevedra
5) Fun o viño a Ribadavia
6) Perfumes de España
Información da gravación:
Acordeóns: Avelino Alberte Fírvida, Ramón Pichel Barreiro (Moncho), Jesús Campos Fernández e Paco Cachafeiro.
Acordeón, gaita e voz 2ª: José Fírvida Cachafeiro (Maduro)
Voz 1ª: Joaquín Barreiro Varela
Batería: Bautista Alberte Fírvida (Tista)
Bajo: Francisco Alberte Fírvida (Paquiño)
Depósito legal: C-108799
S.G.A.E. Ref.xda 01Mc Edisco
Redescubrindo aos gaiteiros de Soutelo
Charla/Coloquio celebrado o sábado 21 de agosto de 2021 enmarcada dentro da XLII Festa do Gaiteiro de Soutelo, no lugar de Soutelo de Montes (Forcarei) coa intervención de Rubén Troitiño, Xosé Manoel Rivas Troitiño e Bautista Alberte Fírvida.