As vítimas do franquismo na Terra de Montes
Dionísio Pereira
Título: As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei (Vieiro da Memoria 1)
Autor: Dionísio Pereira
Editores: Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido"
Ano de publicación: 2010
David Paz Cachafeiro (Cerdedo): Irmán de José. Perseguido nun primeiro intre, debeu se agachar no seu domicilio. Posteriormente integrouse na garda cívica artillada polos facciosos, sen que conste participara en represalias; mesmo desprazouse á A Cañiza para prevenir a Manuel García da chegada dos falanxistas de Cerdedo. De calquera maneira, foi encausado nun sumario pola xurisdicción militar sen que, ao cabo, resultara procesado.
José Mª Lavandeira Durán (Cerdedo): Porteiro do Concello. Detido de xeito preventivo, figurou como encausado dun Consello de Guerra, no logo que non resultou procesado.
José Paz Cachafeiro (Cerdedo): Secretario no ano 1933 da Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo (CNT). A guerra colléuno en Sama de Langreo, desempeñando o cargo de responsal de prensa. Foi xulgado e fusilado en Ovideo, o 30 de maio de 1938.
José Regueiro Otero (Tomonde): Xastre e afiliado ao PSOE. Acusado de rebelión militar, foi procesado no ano 1937 e declarado en rebeldía. Posteriormente, foi condenado a morte por desertar do exército nacional e seica salvo a vida por intermediación do crego Antonio Rodríguez Fraíz.
Manuel García (Cerdedo): Ex secretario do Concello e director dunha das bandas de música de Cerdedo, tivo que se refuxiar na Cañiza e ata alí se desprazaron falanxistas cerdedenses para localizado debido ás súas ideas republicanas. Afincouse definitivamente na Cañiza.