David Paz Cachafeiro
David Paz Cachafeiro, fillo de Constantino Paz Gil e 11 anos máis novo que o seu irmán José Paz Cachafeiro, naceu en Cerdedo o 14 de xullo de 1901. Tocaba varios instrumentos coma o trombón, o cornetín e o requinto, pero a súa especialidade foi a caixa. Tamén cantaba nas misas e nas novenas do Ecce-Homo. Influenciado polo seu avó Manuel, a David tamén lle interesaba o mundo da gaita, formando parte do grupo de gaitas dos Durán coma tamborileiro.
Faleceu o 30 de xaneiro de 1980.
A día de hoxe consérvase a caixa orixinal. A continuación a poderedes ver en tres imaxes con diferentes perspectivas:
Caixa - Vista 1
Caixa - Vista 2
Caixa - Vista 3
Destacar a aparición na prensa da época cando regresou da guerra de África e tamén no Boletín Oficial de la Provincia de Lugo no apartado "Relación de las personas mordidas por animales rabiosos y sometidas al tratamiento antirrábico en este Instituto durante el segundo semestre de 1907".
Prensa
As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953)
Título: As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953): Beariz, Cerdedo e Forcarei (Vieiro da Memoria 1)
Autor: Dionísio Pereira
Editores: Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes "Verbo Xido"
Ano de publicación: 2010
David Paz Cachafeiro (Cerdedo): Irmán de José. Perseguido nun primeiro intre, debeu se agachar no seu domicilio. Posteriormente integrouse na garda cívica artillada polos facciosos, sen que conste participara en represalias; mesmo desprazouse á A Cañiza para prevenir a Manuel García da chegada dos falanxistas de Cerdedo. De calquera maneira, foi encausado nun sumario pola xurisdicción militar sen que, ao cabo, resultara procesado.