José Regueiro Otero

Nunha fotografía que se conserva podemos ver a Manuel Rodríguez á requinta, Elvira Regueiro Otero ao bombo, Ramiro Regueiro, gaiteiro da esquerda, José Regueiro, gaiteiro da dereita e Jesús Gamallo na caixa.

Canteiros e artistas da Terra de Montes e ribeiras do Lérez

ESTA INFORMACIÓN PODE TER ERROS

Xosé Regueiro Otero

Fillo de Celso, coma séu pái, inda que sin acadar tantos pulos é xastre, gaiteiro, tendeiro e carteiro, nado en Tomonde no 1914.

Home de máis de meiana cultura escribe versos moi doados publicados algúns na revista dos carteiros ruráes é, co méu primo Xosé Rodríguez Quintillán, autor dunha popular lembranza e feitos romanceados de versos octosílabos en lengua galega, que anda manuscrita antre a xente da freguesía, de estilo xocoso, moi axustada a realidade do persoaxe, tiduado: ««¡Beniniño eh, eh…!» Conta as aventuras donxoanescas dun popular e calaveira veciño de vida ben embeleñada. Costa este romance de 248 versos e un limiar, dende o ano 1928 o 1946, que o persoaxe endereitóu a vida, e foi vivir fora da parroquia de Tomonde.

Xosé Regueiro ten obradoiro na parroquia, tamén a carteiría e, na aitualidade representa a freguesía como concellal no Axuntamento de Cerdedo (1974).

O val de Quireza

Xosé Regueiro Otero

Xosé Regueiro Otero: xastre de oficio, tendeiro-taberneiro e carteiro de profesión. Escribía versos, algúns publicados na revista dos canteiros rurais, afeccionado á música, tocaba a guitarra, criador de canarios, verderolos e demáis paxaros, moitos deles autóctonos, era un auténtico mestre na arte da poda e dos enxertos, tamén axudaba á xente poñéndolle inxeccións. En tempos era o medio de transporte que os veciños de Tomonde tiñamos para ir e vir a Cerdedo a facer calquera xestión ou mesmo ir ao médico ou á botica. Foi a última tenda-taberna que houbo no lugar ata pouco antes do seu falecemento.

Silvestre José Balseiros Guiniarte. Alcalde de Cerdedo.

Artigos relacionados