Anselmo Antonio Varela
Peretes

Anselmo Antonio Varela "Peretes", tocador de zanfona do lugar de Chamosa (Forcarei) de finais do século XIX.

Destácase un vínculo especial coa familia de Joaquín José Santiago Barreiro Varela. A nai de Joaquín, María Rosa Varela Mariño, era a bisobriña de Anselmo. Segundo os relatos proporcionados, Anselmo tivo a oportunidade de tocar xunto ao gaiteiro Adelino Pichel Espiña e incluso cos gaiteiros de Soutelo de Montes, segundo comenta Joaquín. Unha das anécdotas máis conmovedoras compartidas por Joaquín sobre a relación entre Adelino e Anselmo reflicte a profundidade das súas emocións. Cando Adelino tocou por primeira vez con Anselmo, non puido evitar que as bágoas caeran dos seus ollos debido á emoción de tocar con un home cego. Non obstante, a orixe da zanfona en Chamosa segue sendo un misterio sen resolver. Non se sabe como chegou este instrumento musical á localidade, e lamentablemente, non se conserva o instrumento en si.

As imaxes que se amosan a continuación son da casa onde Anselmo residiu, o lugar que tamén foi testemuña do nacemento de Joaquín.

Como curiosidade, nunha das fotografías conservadas no Museo de Pontevedra podemos atopar a información de que foi casado cinco veces. Esta información está rexistrada nunha nota manuscrita que acompaña a fotografía.

O vello da zanfona

Sáez Mon y Novás (Estudio fotográfico). (1924). O vello da zanfona. [S.l]: [s.n].

Museo de Pontevedra

O vello da zanfona

Sáez Mon y Novás (Estudio fotográfico). (1924). O vello da zanfona. [S.l.]: [s.n.].

Museo de Pontevedra

O vello da zanfona

Pintos, J. (. (1924). O Vello da zanfona. [S.l.]: [s.n.].

Museo de Pontevedra

O vello da zanfona

Pintos, J. (. (1924). O vello da zanfona. [S.l]: [s.n].

Museo de Pontevedra

O vello da zanfona

Pintos, J. (. (1924). O Vello da zanfona. [S.l.]: [s.n.].

Museo de Pontevedra

O vello da zanfona

Pintos, J. (. (1924). O vello da zanfona. [S.l]: [s.n].

Museo de Pontevedra

Achegas ao coñecemento da zanfona e os cegos na músisca popular
Pablo Quintana López

Pablo Quintana López deixa o seguinte comentario na fotografía publicada de Anselmo no seu artigo na revista Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº 4 do ano 2014:

A fotografia está firmada por Sáez Mon y Novás, pertence á "Colección Feijoo" e, ademais da sinatura do fotógrafo no anverso, na parte posterior hai dous textos manuscritos a lapis. Un deles é a adicatoria: "A Perfecto Feijoo Director del Coro 'Aires da Terra' le dedica este retrato de uno de los últimos tocadores del popular instrumento su devotísimo amigo. Juan Manuel Sáez Mon [firma]. Pontevedra, 9 de diciembre 1924" e o selo do fotógrafo. Tamén ten pegada unha nota manuscrita de Perfecto Feijoo que di: "Esta fotografia me la dedicó mi joven amigo Juan Manuel Sáez Mon y es de Anselmo Antonio (a) Peretes natural de Forcarey. Fué casado cinco veces. Es el último sanfonista que andubo [sic] por Pontevedra".

Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei
Juanjo Fernández

Así o recolleu Juanjo Fernández no seu libro "Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei":

Outro rastro de música antiga en Forcarei, neste caso especialmente atractivo, é o do tocado de zanfona Anselmo ANtonio Varela Peretes, inmortalizado polo fotógrafo Zagala ao redor de 1.885, que tiña por oficio deambular solicitando dádivas en casas particulares e sitios públios. Acompañábase dun lazarillo para o guiar polos camiños, ademais de axudarlle cantando e con algún instrumento de percusión. Trátase dunha información que foi dada por Adelino Pichel, en primeiro lugar pero contrastada posteriormente con descendentes deste tocador de zanfona, no lugar de Chamosa (Forcarei).

Artigos relacionados