Ramiro Cortizo Taboada
O capador de Muras
Ramiro Cortizo Taboada, máis coñecido coma o capador de Muras, naceu o 12 de outono de 1931 no lugar de Muras (Forcarei). Capador de profesión, comezou no mundo da música tocando unha frauta traveseira de madeira de ébano e chaves antes de pasarse á gaita.
Ramiro finou o 18 de maio de 2013.
Programa Alalá, da Televisión de Galicia, adicado Ramiro Cortizo, o capador de Muras.
Data de emisión: 22 de decembro de 2009 na Televisión de Galicia
Decir só do capador de Muras que ten corte de capador non é exacto. Ramiro é bonachón e ledo. Ten sesgo de gaiteiro, e dado a súa profesión é festeiro. Un curioso cócktail, o do capador de Muras, que se complementa co carácter aberto que lle deu a experiencia do oficio, porque capando casa por casa coñeceu a multitude de xente e historias nos lugares de Forcarei e Silleda, polas parroquias dos Montes.
Ramiro Cortizo naceu en Muras, de familia de capadores, aínda que con él a estirpe tivo un parón. Dos sete fillos que tivo, ningún saiu gaiteiro nin capador, unha pena, porque Ramiro é un excelente mestre nos dous oficios. O capador domina as artes gandeiras, agrarias e sociais. As ruadas das zonas son desas artes sociais nas que de mozo un se tiña que desenvolver, con canta máis soltura, mellor, porque nesas festas de inverno eran as mulleres as que levaban a voz cantante a ritmo de pandeireta. En moitas ruadas da zona, Ramiro era o gaiteiro oficial pagado a escote polo público feminino. Alí tocaba en pechado e cantaba en aberto, que as mulleres o oísen ben, pero sobretodo unha: a que o acompañou toda a vida, Sara.
Vídeo feito para a exposición "Os nosos tesouros" dos Encontros de Música Tradicional de Carboeiro 2013 da Asociación Santa Ferreña, no marco do proxecto europeo "Grand Treasures" no que Xandobela formou parte a canda outras entidades europeas análogas.
Máis info:
Fotografías
José Luis Troitiño e Ramiro Cortizo
David Raposeiras e Ramiro Cortizo na festa do gaiteiro
Prensa
La Voz de Galicia
Xoves 19 de agosto de 2010
La Voz de Galicia
Domingo 22 de agosto de 2010
La Voz de Galicia
Sábado 22 de marzo de 2014
La Voz de Galicia
Domingo 6 de abril de 2014