Manolo Lavandeira Medal
Manolo Lavandeira Medal, nado en Cerdedo o 8 de xaneiro de 1926. Na súa xuventude, aprendeu a tocar a trompeta e o fliscorno na academia de José Benito e comezou a tocar na banda de Cerdedo aos 10 anos. Tamén actuou coa banda de Cerdeira xunto ao seu curmán Pepe Iglesias.
Aos 23 anos, casou con Alicia Sanmartín e ambos emigraron a Venezuela, onde permaneceron durante 20 anos. Alí, Manolo continuou tocando, converténdose en trompetista da Banda Municipal de San Carlos.
Non obstante, aos 43 anos, cando regresou a Galicia, Manolo non retomou a súa carreira musical. A súa trompeta foi vendida a uns chatarreiros, perdéndose así un importante legado musical.
Manolo finou o 27 de agosto de 2008.
Artigos relacionados
Artigos relacionados