José Iglesias Lavandeira
Pepe Iglesias
José Iglesias Lavandeira, Pepe Iglesias, naceu en Cerdedo o 3 de setembro de 1927, neto de Lavandeira O Vello e filo de Carmen Lavandeira Durán e Cesáreo Iglesias. As súas primeiras nocións musicais foron da man de Clemente Varela Varela, dos Fogueteiros, e máis adiante aprendeu a tocar o clarinete na academia de José Benito García Fernández. Aos 18 anos saiu tocar coa banda de Cerdedo por primeira vez, no enterro do músico Andrés Carmelo Nieto Bértolo, Andrés de Isidro. Nalgunha ocasión tamén tocou coa banda de Francisco Cerdeira Gil.
Algo máis dun ano despois da súa primeira actuación coa banda de Cerdedo, separáronse os músicos para formar unha nova banda. Gerardo Lavandeira Durán pediulle que fora tocar con eles, pero José xa decidira marchar a Ourense a traballar nas obras da estación de tren e retirouse da música.
Faleceu o 7 de febrero de 2021 aos 93 anos de edade.
José Lavandeira Iglesias
Clarinete
Eduardo Troitiño Varela e José Iglesias Lavandeira nas festa do Ecce Homo en Cerdedo.
Levando a figura do Ecce-Homo en Cerdedo: á dereita Eduardo Troitiño, atrás á esquerda Enrique Monteagudo, e á súa esquerda Pepe Iglesias.