Andrés Carmelo Nieto Bértolo
Andrés de Isidro
Andrés Carmelo Nieto Bértolo, nado en Cerdedo na mañá do 18 de setembro de 1860, é coñecido como Andrés de Isidro, pois é fillo de Isidro Nieto Barros, natural de Cerdedo, e de María Bértolo, de S. Pedro de Parada, Castrelo. Dende a súa infancia, Andrés comezou a tocar o baixo e uníuse cedo á Banda de Cerdedo.
A o longo dos moitos anos que pasou tocando hai varias anécdotas que se contan sobre el. Dícese que tiña o nariz moi grande, pero el aceptaba as bromas sobre o seu apéndice nasal con bo humor. Tamén se conta que, cando tocaba na Novena do Ecce-Homo, Andrés sempre esforzábase por destacar nas pasaxes do baixo. Despois, ao saudar aos compañeiros da banda, sempre lle dicían "Aparta Andrés, que non se nos vea", xogando co tamaño do baixo e tamén co tamaño do seu nariz. Andrés de Isidro soubo transmitir a súa paixón pola música aos membros da súa familia.
Os seus fillos José María Nieto Varela, Isidro Nieto Varela e Severino Nieto Varela foron tamén músicos, así como varios dos seus netos, como José e Ángel Portos Nieto, José Giadás Nieto, José Nieto Cadavid e Jesús Luís Nieto Rey.