Los dos hermanos
Os irmáns Caramés
Los dos hermanos, tamén coñecidos coma os irmáns Caramés, foi un cuarteto de gaitas do lugar de Caroi formado polos músicos Manuel Caramés na gaita, clarinete e como líder do grupo, Paulino Caramés na gaita,Lino Moreira, coñecido como Lino do Porto, na caixa e posteriormente na batería, e Manolo das Bouzas no bombo.
A finais da década de 1940, o grupo contaba ocasionalmente con colaboradores adicionais como Povenir Libián na gaita ou no acordeón. Sen embargo, nos anos 50, experimentaron unha transformación radical na súa formación ao prescindir das gaitas e dar paso a instrumentos como a trompeta, o saxofón, o clarinete, o acordeón e a batería.
Nas fotografías mostradas a contunuación podemos ver a súa distintiva indumentaria, composta por pantalóns escuros acompañados de chaqueta americana branca, gravatas e gorras de prato.
No que respecta á súa instrumentación nestas dúas fotografías, o grupo presenta dúas gaitas, unha delas con ronqueta, que posúe un pequeno freque como ornamento, levan o liderado melódico, mentres que na percusión, unha caixa típica das bandas de música da época e un bombo con pratos.
Os gaiteiros de Caroi Los dos hermanos. De esquerda a dereita, Manolo e Paulino Caramés, Lino do Porto e Manolo das Bouzas.
Procesión do Neno Xesús, no chamado "Carro trunfante". En primeiro plano os gaiteiros.
O grupo na procesión.
Romaría da Santa Mariña (1948). En primeiro plano nenos e os gaiteiros Los dos Hermanos. De pé destacan Manolo de Lois, Xosé Lois, Manuel Nieto, e Carme de Cavadosa coa Rosca da Santa. Ao fondo, feirantes e cabalarías na Feira Vella.