Aportación ó cancioneiro de Cotobade
Antonio Fraguas Fraguas
Título: Aportación ó cancioneiro de Cotobade
Autor: Antonio Fraguas Fraguas
ISBN: 84-398-4218-X
Depósito legal: VG-163-1985
Edita: Fundación Otero Pedrayo, Trasalba (Orense)
Desta edición do libro APORTACIÓN Ó CANCIONEIRO DE COTOBADE, de Antonio Fraguas, fixéronse dúas tiradas:
Unha ordinaria de mil concocentos exemplares, se numerar, en papel offset pigmentado branco de 125 grs., e encadernada en rústica
Outra especial dun só exemplar, numerada, impresa sobre papel rexistro crema de 140 grs., e encadernada en pel, destinada ao autor, para lle entregar no acto de homenaxe que en Trasalba organiza a Fundación Otero Pedrayo
Trasalba, 9 de xuño de 1985
COPLAS TOPONÍMICAS
185
Cando vaias pra Caroi
ten coidado no camiño,
mira que che está o demo
metido nun buratiño.
215
Carreteiros de Cerdedo
van polo Paraño arriba;
meniñas de Vilapouca
téndelle a carne cocida.
273
De Caroi á Corredoira
hai moi pouquiño que andar,
por eso os enamorados
teñen pouco que falar.
298
En Loureiro teño amores,
en Caroi non teño nada,
e na parroquia veciña
teño unha palabra dada.
414
Fun ó Santo Estevo a Pedre
vin polo San Xoán de Dorna,
veño moi agradecido
desa María Polonia.
426
Hei de ir casar a Caroi,
¡que demoro pode ser!
anque non haxa máis
pataquiñas ha de haber.
434
Heime de casar en Caroi
que é terra de moito pan,
o forno da miña sobra
cría silvas polo vran.
472
Mariana de Soutelo
ten a saia de veludo,
e por debaixo da saia
ten un bicho cabeludo.
619
O Abalde de Cerdedo
ten unha vena de louco;
señor San Xoán de Cerdedo
non o poña para do outro.
672
O gaiteiro de Soutelo
mal raio de Dios o mate,
non quere tocar a gaita
sin tomar o chicolate.
674
O lugar de Vilaalén
de lonxe parece vila,
ten un caravel na entrada
e unha rosa na salida.
789
Quen me dera en Caroi
un pedaciño de terra,
para ir botar a auga
e pasearme por ela.