Caroianos - Unha historia pola nosa historia rural
Xosé Fortes e Germán Fortes
Publicación aprobada para a súa difusión.
Xosé Fortes e Germán Fortes
Coa colaboración de: César Portela, Marcial Gondar e Sergio PortelaEdita: Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Solo: Teresa Táboas Veleiro
Conselleiro de Medio Rural: Alfredo Suárez Canal
Diseño e Maquetación: Eloy Lozano Publicidad S.L.
Fotografías: Sergio Portela, Germán Fortes
Mapas e Gráficos: Manuel Fortes, Germán Fortes
Impresión: Gráficas Anduriña S.L.
Depósito Legal: PO 508-2008
ISBN: 978-84-453-4641-9
Estudio da parroquia de Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade, a través do seu territorio, as costumes da súa poboación e do seu patrimonio.
PERSONAXES
Manolo Lubián.- Fillo dun mariñeiro (Ramiro) casado na parroquia e de Basilia de Medelo, da casa dos Caramés (outra das historias ricas da parroquia), foi o máis famoso gaiteiro ("La Flor de la Montaña") e acordeonista da parroquia, co meu tío Xesús no clarinete, Pepe da Laxa na caixa e Argimiro no bombo.
FIxo estudos de contabilidade e ensaiou, antes de emigrar ao Brasil, mil e unha actividades, todas exitosas: taberneiro, leiteiro, transportista, nun carro de cabalos, e promotor do primeiro local de baile privado da parroquia.
Coa súa marcha para Bahía, onde morreu e viven os seus fillos, a parroquia perdeu un dos seus mellores e máis animados mozos, e eu, o seu curmán, o máis xeneroso protector naqueles anos de fame e orfandade.
FOTOGRAFÍAS
Baile na romería de Santa Mariña. Ao acordeón Lubián.
Os gaiteiros de Caroi Los dos hermanos. De esquerda a dereita, Manolo e Paulino Caramés, Lino do Porto e Manolo das Bouzas.
Procesión do Neno Xesús, no chamado "Carro trunfante". En primeiro plano os gaiteiros.
Porvenir co acordeón. Para as fechas viña unha banda de música. Nas rúas pasouse das pandeiretas ao acordeón.
Romaría da Santa Mariña (1948). En primeiro plano nenos e os gaiteiros Los dos Hermanos. De pé destacan Manolo de Lois, Xosé Lois, Manuel Nieto, e Carme de Cavadosa coa Rosca da Santa. Ao fondo, feirantes e cabalarías na Feira Vella.
COPLAS TOPONÍMICAS
Neno Xesús de Caroi
onte el foi aparecer,
nese lugar de Medio
onde non hai que comer.
A parroquia de Caroi
non hai ferro que a entre,
con tantas nenas bonitas
e tantos mozos valentes.
Caroi é moi boa terra
ten a capela no campo,
San Xosé, Neno Xesús
e a Virxe dos Milagres.
Indo de cara a Barbeira
herba seca nos valados,
vindo de cara a Caroi
caraveles encarnados.
Arriba Loureiro verde
abaixo manta mollada,
onde están os de Caroi
os outros non valen nada.
O cura de Vigo é xastre
o de Marín mariñeiro,
o de caldas paragüeiro
o de Caroi carpinteiro.
San Antonio de Caroi
casamenteiro de vellas,
por que non casas as mozas?
que mal che fixeron elas?
Polo Seixo nace o sol
pola Corredoira a lúa,
na parroquia de Caroi
unha estrela que me alumbra.
Cando vaias para Caroi
ten coidado no camiño,
mira que che está o demo
metido nun buratiño.
De Caroi á Corredoira
hai moi pouquiño que andar,
por eso os namorados
teñen pouco que falar.
Heime de casar en Caroi
que é terra de moito pan,
o forno da miña sogra
cría silvas polo verán.
O documental
O documental, baseado no libro do mesmo título de Xosé e Germán Fortes, conta a historia do nacemento dunha comunidade rural, o seu esplendor e a súa posterior desaparición ao longo de oito séculos. Un documental sobre Caroi, en Cotobade, a súa xente e os seus costumes.