Sección Femenina

A Sección Femenina foi a rama femenina do partido Falanxe Española e posteriormente de FET de las JONS. Foi constituída en Madrid en 1934 e chegou a funcionar durante corenta anos, desfacéndose tala morte do Xeneral Francisco Franco e a conseguinte desmontaxe do réxime.

A continuación poderedes observar unhas fotografías dos anos 60 tanto no antigo Concello de Cerdedo (actual Concello de Cerdedo-Cotobade) coma no Concello de Forcarei, tanto no mesmo lugar de Forcarei coma en Soutelo de Montes.

Cerdedo

Forcarei

Exhibición de baile a cargo de Dorita de Cachafeiro e Amparo Camba nunha visita da "Sección Femenina". Ó fondo figuran o crego don Secundino e o Alcalde Filgueiras, e tamén a mestra dona Carme Cubela. Anos 50.
Revista Cotaredo IX - 2006

Grupo de mozos e mozas de Soutelo de Montes cos traxes de danza nos anos 60.
Revista Metacios II - 2013

Abaixo, grupo de danza da Sección Femenina de Forcarei nos anos 50, actuando para Televisión Española nun programa que tiña por obxecto difundir as actividades folclóricas da organización.
Revista Metacios II - 2013

Outra foto do grupo de danza da Sección Femenina de Forcarei nas escaleiras da praza.
Revista Metacios II - 2013

Artigos relacionados