Novas
Buscando no arquivo Pacheco (Vigo)
03 de agosto de 2023
O pasado 3 de agosto, tiven a oportunidade de visitar as instalacións do arquivo Pacheco en Vigo para realizar búsquedas sobre Avelino Cachafeiro e os Gaiteiros de Soutelo. Esta visita resultou ser moi frutífera, xa que conseguín descubrir unha nova fotográficas que amplían o coñecemento sobre estas figuras emblemáticas da música galega.
O arquivo Pacheco
O arquivo Pacheco representa a colección máis completa de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo. A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai desde finais do século XIX ata a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, ofrecendo unha crónica completa da vida e historia da cidade.
A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia, o que proporciona unha visión única e continua da evolución da cidade e das súas xentes. A adquisición da colección produciuse por parte do Concello de Vigo en maio de 1991, asegurando así a preservación e acceso público a este valioso recurso.