Sección Femenina
Forcarei

A Sección Femenina foi a rama feminina do partido Falanxe Española e posteriormente de FET de las JONS. Foi constituída en Madrid en 1934 e chegou a funcionar durante corenta anos, desfacéndose tras a morte do Xeneral Francisco Franco e a conseguinte desmontaxe do réxime. 

A continuación, poderedes ver unhas fotografías tomadas en Forcarei. Ademais, existen outras fotografías sacadas en Soutelo de Montes e tamén en Cerdedo. Desta última, poderedes atopalas no apartado dedicado ao Concello de Cerdedo dentro do arquivo.

Forcarei

Exhibición de baile a cargo de Dorita de Cachafeiro e Amparo Camba nunha visita da "Sección Femenina". Ó fondo figuran o crego don Secundino e o Alcalde Filgueiras, e tamén a mestra dona Carme Cubela. Anos 50.
Revista Cotaredo IX - 2006

Abaixo, grupo de danza da Sección Femenina de Forcarei nos anos 50, actuando para Televisión Española nun programa que tiña por obxecto difundir as actividades folclóricas da organización.
Revista Metacios II - 2013

Outra foto do grupo de danza da Sección Femenina de Forcarei nas escaleiras da praza.
Revista Metacios II - 2013

Artigos relacionados