Forcarei - Historia fotográfica do século XX
Francisco Rozados "Rochi"

Francisco Rozados "Rochi"

Publicación baixo a súa coordinación.

Este libro rematouse de imprimir no obradoiro de Artes Gráficas Vicus, S.A.L., na rúa Segovia, 19, de Vigo, o día 21 de marzo de 2005, cando se cumpre o décimo cabodano de Chano Piñeiro.

O COMERCIO

O bar Changüí de Soutelo nos anos 50. O gaiteiro Avelino Cachafeiro á dereita.

Maduro, sobriño do gaiteiro, coa súa dona e a súa irmá no bar Changüí.

A primeira bomba de gasolina da Terra de Montes pertencía ó gaiteiro de Soutelo, aquí co seu sobriño Maduro.

A ESCOLA

Romaría celebrada o día da inauguración da escola de Leboso, no ano 1928.

AS FESTAS

Xigantes das Dores nos anos 40, acompañados por Jaime Barreiro á gaita.

Outra vista dos xigantes na festa das Dores e nos anos 40. Aínda habia seis.

Os xigantes cos nenos de Forcarei nos anos 70, na rúa Progreso. Xa só hai cinco.

Xigantes nos anos 80, facendo un descanso no adro da igrexa de Forcarei.

Procesión das Dores no adro da igrexa de Forcarei. Anos 40.

Procesión das Dores pola rúa Progreso, no ano 1956. Cardesín "guiando" os xigantes.

Romaría de San Bieito de Aciveiro, en torno a 1920.

Procesión das Dores do ano 1959 pola rúa Progreso de Forcarei.

O LECER

"Gorecho", Xaquín e o "Buche" de Millerada na festa do Porquiño no ano 1982.

A MÚSICA

O dúo "Nuevo Ritmo" -tamén coñecido como "Os Terribles" de Presqueiras-, acompañados por dúas voces femeninas. Anos 70.

A familia do "gaiteiro de Soutelo" en 1915. Castor, o menor dos irmáns, Avelino, o célebre gaiteiro, súa nai, Dolores, seu pai, Fermín, súa irmá Isabel e o seu irmán Bautista.

O célebre cuarteto "Gaiteiros de Soutelo" no ano 1919.

Farra en Cachafeiro, anos 20, montada por mozos de Forcarwei, A Ponte e Cachafeiro.

O "Gaiteiro de Seoane", Manuel Cabada, con Gerpe ó tamboril. Anos 50.

Moncho tocando o acordeón, acompañado polo anano de Filloi. Anos 60.

Maduro ó acordeón e Caladiño á batería, no ano 1942.

O "Gaiteiro de Sorribas", co fillo Moncho na batería e a súa neta Pura. Ano 1956.

Os "Diplomáticos do acordeón" no Centro Social de Forcarei. Anos 90.

Romaría na Barciela, coa torre de alarma ó fondo. O gaiteiro é Jaime Barreiro. Anos 50.

Conxunto musical "Flash" de Soutelo nos anos 80.

Trío de Manuel Cabada, o "Gaiteiro de Seoane", nos anos 30.

Actuación musical na sala "Changüí" de Soutelo nos anos 60. Ó acordeón, Avelino Fírvida, e á batería seu irmán Bautista.

O conxunto musical "Xuncada" de Soutelo nos anos 70.

Ensaio do grupo folclórico "Xambrear" no ano 2001.

O grupo folclórico "Gaiteiros de Soutelo" nos anos 90.

AS OBRAS - OS SERVIZOS

Comezo da construcción do tramo novo da igrexa de Forcarei. Anos 60.

O novo tramo a piques de ser rematado no ano 1971.

Comezo da construcción da igrexa nova de Soutelo nos anos 60.

A igrexa de Soutelo acabada de rematar.

A PEDRA

Antiga igrexa parroquial de Madanela, derrubada nos anos 60.

Vistas das ruínas do mosteiro de Aciveiro nos anos 40.

Feira ó pé do mosteiro de Aciveiro. Ano 1919.

Patio da Hospedería de Aciveiro nos anos 50.

Igrexa parroquial de Dúas Igrexas nos anos 40.

RÚAS E PRAZAS

Inauguración da estatua e praza dos Gaiteiros, en Soutelo. Aparecen o presidente da Xunta preautonómica, José Quiroga Suárez, José Filgueira Valverde e a familia do gaiteiro.

Aparece tamén o biógrafo de Avelino, Xosé M. Rivas Troitiño, 3º pola dereita. Ano 1980.

Praza da igrexa de Forcarei nos anos 60.

AS TRADICIÓNS

Feira do día 5 en Forcarei.

Feira en Soutelo, no que hoxe é a praza dos Gaiteiros. Ano 1967.

OS TRANSPORTES

Maduro de Soutelo diante do seu camión nos anos 70.

OS XANTARES

Xantar da familia Cabada de Meavía nos anos 50.

AS XENTES

Familia de Baldomero de Vilaverde (Aciveiro) na eira da casa. Anos 20.

Avelino Cachafeiro, o "Gaiteiro de Soutelo", co seu caravel na lapela, en torno a 1970.

O mestre Castor Cachafeiro, irmán do "Gaiteiro de Soutelo", no ano 1982.

Manuel Cabada, o "Gaiteiro de Seoane", nos anos 20.

COPLAS RECOLLIDAS NESTA PUBLICACIÓN

En tempos pasados houbo certa rivalidade entre as parroquias de Ventoxo e Folgoso. Na tradición oral quedaron pegadas desta oposición

Segundo contan o vellos, o San Nicolás de Ventoxo foi roubado, fai moitos anos, polos aldeás de Folgoso, os cales o viñeron a buscar á igrexa de Ventoxo. Despois a xente de Ventoxo xuntouse e foille sacar o santo á Serra, e de aí nace unha das poucas cancións populares de Ventoxo, que dí así:

San Nicolás de Ventoxo
era branco, era roxo
e quixérono roubar
os pixis de Folgoso.

(Relatora: María Elena Cortizo Fraix, de S. Nicolás de Ventoxo. Recolleu: Manuel Calviño Casas de Ventoxo.)

Cantigueiro de Aceiveiro

Conventiño de Acibeiro
Convento de moitos frades,
as mozas de Andón din:
concento nunca te acabes.

A Terra de Montes cérrana
catro picos ó seu lar:
Seixo, Costoia e Coco
e o alto do Candán.

Anque che son de Acibeiro,
de Acibeiro e acibeireira,
anque che son de Acibeiro,
polo de hoxe non me pesa.

O Abade de Acibeiro
a todas coida moi ben,
quere ás mozas e ás nenas
e quere ás vellas tamén.

San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das nenas,
casa ás vellas, meu Santiño,
que as novas cásanse elas

Se a Terra de Montes vas,
has visitar pimeiro:
Os Dolores, O Rosario
e a Santiña de Acibeiro.

O convento de Acibeiro
que tan alto o foron pór,
dalle o sol e dalle o aire
e a neve por arredor.

No convento de Acibeiro
hai un frade galiñeiro
que todas as tardes berra
churras, churras ó poleiro.

Nosa Señora de Acibeiro
ten un vestido de seda,
que llo dou o señor Abade
pra poñer na súa festa.

San Gonzalo de Acibeiro,
casamenteiro das vellas,
¿por que non casas ás novas?
¿que mal che fixeron elas?

Nosa Señora de Acibeiro
Ten un caravel na man,
dame ese caraveliño
que chego canso do Candán.

(Relatoria: Isaura Sanmartín, de Fixó, Millarada, Forcarei. Recolleu: Susana López Cachafeiro, de Fixó.)

Artigos relacionados