Capela da Nosa Señora do Castro
Presqueiras

A Capela da Nosa Señora do Castro, do século XVI, de fachada barroca, con fornela que contén a imaxe da Virxe, rematada na típica espadaña. Foi obra dos Mestres Pedro de Arén, Xosé Nieto e Domingo Antonio Sieiro. Ten un pequeño altar plateresco de factura popular. Consérvase tamén no interior unha imaxe da Virxe do Castro, de estilo gótico, policromada e duns cincuenta centímetro de altura.

Esta ermida atópase nun lugar de singular importancia, a torrre-fortaleza de Castro de Montes; unha fortificación medieval, asentada nun antigo castro prehistórico, que representaba o poder militar dos arcebispos de Compostela. Residencia dos xuices meriños e centro administrativo e xudicial ata o seu derrubamento, arredor de 1467, durante a Revolta Irmandiña. Actualmente só quedan algún restos dos muros.

Información: Deputación de Pontevedra | Concello de Forcarei

Localización 

Parroquia: San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
Lugar: O Outeiro
36569  Forcarei - Pontevedra
Coordenadas: 42º 31' 35.9" N - 8º 20' 11.0" W

Artigos relacionados