Cantar dos Reis
Presqueiras

Deputación de Pontevedra

Servizo de Publicacións

Primeira edición. 2007

© Da primeira edición: Diputación de Pontevedra. Editorial
© Dos textos: Os autores
© Das fotografías: Os autores

Nesta publicación poderemos atopar o seguinte artigo de Azucena e Dolores Arias Correa sobre cantigas recollidas á María Laura Correa Rivas:

Escolma de cantigas nun recuncho da Terra de Montes

AZUCENA ARIAS CORTEA. CEIP de Vilaverde - Mourente
DOLORES ARIAS CORREA. CEIP de Viñas - Poio

A riqueza cultural de calquera pobo mídese non só polo seu patrimonio histórica-artístico senón tamén polas manifestacións orais. A tradición oral popular forma parte do patromonio inmaterial que debe ser recollido, coñecido e conservado. A este ámbito pertencen diferentes textos de literatura oral como lendas, contos, romaces, paremias, refráns, adiviñas, ditos e cantigas.

A través destas manifestacións da cultura propia é posible identificar as claves da expresión dun pobo que se foi transmitindo de xeración en xeración, de nais e pais a fillos e fillas e ata a netos e netas.

Non será con este artigo co que se tente indagar a esencia de todo un opatrimonio oral de séculos, só pretende ser unha pequena contribución á recuperación da tradición oral cantada dun lugar do concello de Forcarei (Presqueiras). Este anaquiño da literatura popular chegou a nós a través da nosa nai, á que lle debemos que nos deitase nos oídos un tesouro tan valioso -mesmo nos intres en que non estabamos dispostas a escoitalo- e á súa insistencia en repetirnos unha e outra vez retazos da súa memoria, en escribilos e mesmo grabalos. Este é o motivo polo que hoxe podemos poñer aquí algo dese legado.

O patrimonio musical é sen dúbida moi amplo¹, por iso a nosa intervención se limitará a recompilar, de xeito moi subxectivo, algunha cantiga das que temos coñecemento, evitando mencionar aquelas máis repetidas nos cantigueiros e que tamén forman parte, por suposto, do acervo cultural da nosa bisbarra².

Neste espazo que se nos brinda procuraremos reunir algúns exemplos de cantigas propias de diversas épocas do ano, cantigas para acompañar traballos, cantigas para acompañar o baile,...

Respecto da lingua que aparece nas cantigas, un primeiro dato a salientar é que, inda que as examinemos superficialmente, observaremos que existe certa cantidade de composición en lingua castelá. Isto pódese atribuír á emigración temporeira a Castela, que permitía traer ó lugar unha importante bagaxe de coplas desa zona; á chegada de persoas de fóra para traballar nasa minas (minas do Rego da Auga³- Estañíferas de Galicia); e a influencia durante o século XX de ambientes castelanizantes (igrexa, escola,...).

Todas estas influencias provocaron unha interrelación entre castelán e galego, de xeito que se pode atopar cantigas galegas traducidas ó castelán e viceversa, e mesmo outras nas que aparecen palabras das dúas linguas. Procuramos transcribilas respectando a lingua na que nos foron cantadas.

Para clasificalas non se seguiron criterios alfabéticos senón temáticos:

A clasificación que propoñemos non ten a pretensión de ser totalmente exacta ou exhaustiva, o que por outra banda non nos semella nada doado pois hai cantigas de difícil inclusión, ben polo seu tema, ben porque poderían pertencer a máis dun grupo. Decidimos consignar aquí maioritariamente só estrofas de catros versos, inda que existen composicións máis extensas e máis curtas.

1. Cantaban ó amor, ó desamor, ás plantas, ós animais, ás festas, ós santos e ás santas, ás penas, ó traballo, á parroquia, á familia, etc.

2. Un exemplo é:
Non chas quero, non chas quero / castañas do teu magosto, / non chas quero, non chas quero / que me cheiran ó chamusco.

3. Unha cantiga coñecida polas traballadoras e polos traballadores da mina de Presqueiras era:
Las minas de Rego de Auga / por cierto son las mejores / montadas de pico y pala / y buenos trabajadores. / Los que trabajan en ella / trabajan como leones. / Dale, compañero dale / y no tengas cobardía, / si te rompiera una mano / la paga la compañía.

CANTIGAS RELACIONADAS COAS FESTAS CÍCLICAS ANUAIS

A maioría das cantigas de Nadal versan sobre o nacemento do neno Xesús, da adoración dos Reis e da celebración deste evento na igrexa. Nelas aprézanse a enorme afluencia do castelán. Algunhas son unha interpretación-narración do acontecido en Belén e semellan estar inmpomletas ou inacabadas

Nochebuena, nochebuena,
noche de la Navidad,
Nochebuena, Nochebuena,
no sé cuándo volverá.

Doce manzanas traemos
en este bendito ramo
para darle al señor cura
que diga la misa del gallo.

Esta noche es Nochebuena
no es noche de dormir,
que está la Virgen de parto
y a las doce ha de parir.

A las doce de la noche
parió la Virgen María
un niño como una estrella
que al Cielo resplandecía.

Venimos los tres Reis Maghos
que venimos del Oriente,
venimos a visitar el fruto
de vuestro vientre.

En el portal de Belén
ciudad de Ghalilea
donde la Virgen parió
una relumbrante estrella
¿Cómo estás Virgen parida?
¿Cómo estás Virgen doncella?
Estoy buena San José
no dejo de tener pena
de ver al Hijo de Dios
nacido en tanta pobreza.
Sin tener en que envuelva
sino en una poca de hierba,
la mula bien se la come
y el buey mejor se la lleva.

Artigos relacionados