O Tararí

O Tatarí foi un destacado músico nado en Serrapio arredor de 1880, quen se fixo coñecido polo seu virtuosismo co cornetín e a trompeta. Aínda que non se sabe con certeza o seu nome, semella que casou cunha das irmás Barbeitos Sanmartín, da parroquia de Cerdedo. 

Moitos veciños da zona aínda recordan a súa destreza co instrumento, destacando en particular a súa habilidade para tocar o cornetín, un instrumento que require unha gran precisión e técnica no uso dos beizos. 

Julio Durán Sieiro, músico da zona, non tivo a oportunidade de escoitalo tocar en persoa, pero os músicos máis vellos aseguraron que O Tatarí tiña moi bo labio para o instrumento e non había quen lle gañase. 

Benito García, tamén músico, asegurou que Serrapio tivo excelentes músicos, pero ninguén como O Tatarí, quen se destacou por encima dos demais pola súa maestría co cornetín. 

Segundo Durán, o cornetín que empregaba O Tatarí en Mib era un instrumento que sonaba máis alto que os demais, o que contribuíu a que moitos o considerasen un magnífico músico. 

O músico Benito de Vilar dicía que era posible que se apelidase Barbeitos, aínda que non lembraba con exactitude. Andado o tempo o investigador Manuel Campos, chegou á conclusión de que ese era o apelido da súa muller, e que moita xente tratábao de Barbeitos polo seu parentesco político.

Tocou na Banda dirixida por Paz ata que emigrou ao País Vasco, a Bilbao. Daquela xa non volveu a Cerdedo máis que en moi contadas ocasións, a última xa de vello.

Aínda que a súa figura remóntase a case un século, aínda se lle recorda como un dos grandes músicos da zona, así queda reflexado na investigación feita por Manuel Campos para o libro As bandas de música de Cerdedo.

*Información obtida do libro As bandas de música de Cerdedo (Autor: Manuel Campos Toimil)

Artigos relacionados