Lealdino Porto Ramírez
Lealdino Porto Ramirez, dos Castros (Quireza), naceu o día 31 de decembro de 1891 e faleceu o 9 de maio de 1960. Canteiro de profesión, gaiteiro e bombeiro de afección.
Fotografía cedida pola familia.
Esta é a única fotografía que temos de Lealdino coa gaita, onde o podemos ver xunto a outros veciños dos Castros. A imaxe foi tomada o primeiro de maio en Astorga, onde todos eles estaban a traballar como canteiros.
É notable ver a Lealdino cunha gaita con ronquillo¹. Chama a atención a forma en que agarra o punteiro, pois faino con as mans cambiadas. Para lograr isto, o punteiro debe estar modificado de tal xeito que o burato do dedo maimiño da man que está abaixo coincida co mesmo lado.
(1). Para máis información sobre a gaita de fol con ronquillo: Os instrumentos musicais na tradición galega
Como curiosidade, cabe destacar que o 14 de xaneiro de 1936, Lealdino foi mencionado na prensa, máis concretamente no xornal El Pueblo Gallego onde podemos ler o seguinte:
JURADOS PARA EL CUATRIMESTRE
Pontevedra.- Para entender en causas que por Jurados han de verse en la Audiencia provincial durante el actual cuatrimestre, han sido designados, mediante sorteo, los señores siguientes, de los partidos que se citan:
[...] ESTRADA.-[...] Lealdino Porto Ramirez, [...].