José María Sieiro Lois
José María Sieiro Lois, coñecido polo alcume do porqueiro, debido á súa profesión, tamén era chamado de misiegho ou miope. Naceu na localidade de Meilide e faleceu aos 86 anos o 19 de setembro de 1990. Este home destacouse como gaiteiro e percusionista, tocando tanto a gaita como a caixa. Segundo contou o seu fillo, estes instrumentos foron vendidos ao lugar de Presqueiras.
Unha curiosidade sobre el é que apareceu nunha nota de prensa publicada por El Pueblo Gallego o 24 de decembro de 1935:
En hemeroteca tamén se atopou este cartel das festas de Cerdedo de setembro de 1939 onde aparece nomeado o gaiteiro José María, seguramente sería el: