José Antonio Varela Márquez
Pepe Márquez
José Antonio Varela Márquez, máis coñecido como Pepe Márquez, naceu no lugar de Meilide o 16 de xullo de 1934. Comezou na música na academia de José Benito García Fernández, onde aprendeu solfexo e saxofón. Formou parte da banda de Cerdedo ata 1947, cando logo da escisión da banda pasou a formar parte da Banda La Unión de Cerdedo, dirixida por Gerardo Lavandeira Durán. Emigrou a Brasil en 1952 e, pouco a pouco, foi deixando a música. Morreu en Cerdedo o 4 de marzo de 2020.
José Varela Márquez de rapaz.
Libro: As bandas de música de Cerdedo.
José Antonio Varela Márquez.
Libro: As bandas de música de Cerdedo.
José Antonio Varela Márquez ao saxofón e José Caramés á gaita.
Libro: As bandas de música de Cerdedo.
José Antonio Varela ao saxofón, acompañado por outros músicos no Brasil.
Libro: As bandas de música de Cerdedo.