Ismael Varela Cadavid
Ismael Varela Cadavid naceu en Cabenca o 23 de abril de 1911. Comezou a tocar o clarinete aos 9 anos e foi o rapaz máis novo da banda de Lavandeira, na que estivo un par de anos. Logo pasou a formar parte da formación conxunta de Fernando García Leiro e máis adiante incorporouse á banda de Cerdedo dirixida por Manuel García Beiro e logo por José Benito García. Formou tamén parte da banda de Gerardo Lavandeira Durán. Emigrou a Brasil e xa non regresou.
Artigos relacionados
Artigos relacionados