Elías Sueiro Sieiro
Elías Sueiro Sieiro naceu no lugar de Cabenca, na antiga reitoral de San Salvador. Ademais de ser gaiteiro, coméntase pola zona a súa habilidade como artesán. No ámbito da artesanía, destacaba pola súa destreza na fabricación de instrumentos de percusión, en concreto caixas e foles para as gaitas.
Elías tiña o seu lugar de ensaio debaixo do cuberto da casa onde tocaba, un espazo onde tamén se reunían as mozas e mozos de Cabenca e Revolta, un lugar veciño, para realizar as tradicionais ruadas.
Actualmente, presérvanse os restos da súa gaita, que estaba afinada aproximadamente en Si bemol e construída en madeira de buxo, no taller de García de Riobó (A Estrada).
Artigos relacionados
Artigos relacionados