Capela de San Salvador
Cabenca
Vista aérea e unhas xerais da capela de San Salvador de Cabenca xunto coa campá.
Destacar que a campá foi encargada pola familia Garrido e o contrapeso de madeira por Eduardo Troitiño, que ademáis de músico foi carpinteiro.
LOCALIZACIÓN
CERDEDO
Materiais para o estudio da freguesía de San Xoán de Cerdedo
Inventario Xeral
Materiais para o estudio da freguesía de San Xoán de Cerdedo
Inventario Xeral
Carlos Solla Varela
Autor: Carlos Solla Varela
Ediciones Cardeñoso
Primeira edición: Abril del 2002
ISBN: 84-8190-246-2 Obra completa
ISBN: 84-8190-246-0 Volumen I
Dep. Leg. VG: 250.2002
A capela de San Salvador
Edificio de planta retangular dos séculos XVI e XVIII. Paredes de boa cachotería. Cuberta a dúas augas. Cubrición: tella común (a antiga cubrición tamén era de tella común). Espadana dun van (onde se aloxa unha campá) enfeitada con dous pináculos arredondados (nivel inferior) mais outro pináculo (nivel superior) e rematada por catavento e cruz de ferro. A porta (lumieira de arco de medio punto) oriéntase cara ó sudoeste. Na parede de levante ábrese un bufardexo. Na parede de poñente abriase outro mais as recentes obras de consolidación cegárono. Non conserva o retábulo. Imaxe sobranceira: o San Salvador, patrón do lugar (o San Salvador de inverno festéxase o 3° domingo de xaneiro, o San Salvador do verán festéxase o seis de agosto): Viste hábito pardo (leigo franciscano) e leva aspersorio (atributo persoal, porque sandaba os enfermos con auga bendita). Outras imaxes: o Padre Eterno (talla que data da fundación do templo), a Santa Rosa (talla que data da fundación do templo). Amais: o Carme, o Santo António e a Monserrat. Todas seis imaxes de madeira. As tallas que participan na procesión son: o Santo Antonio, a Monserrat, a Virxe do Carme, e o San Salvador. A Virxe de Lourdes é a santa de andar polas portas. Capela anexa e vencellada ó pazo de Cavenca (na actualidade a antiga edificación pacega abrangue as vivendas denominadas casa de Sueiro e casa de Antonio) que foi propiedade da estirpe Gosende. A capela de Cavenca experimentou a comezos do século XVIII unha importante remodelación. A muda más salientable foi quizais a diminución de tamaño verbo do primixenio templo amais da desaparición do camposanto que se estendía ó seu redor. As tarefas de remodelación foron executadas polo mestre canteiro Iván Darva como indica a inscrición da parede leste: AÑO D 1710 (carreiro superior), IVAN DARVA (carreiro inferior).
Bibliografía:
Documento 1.
En este lugar cuyo nombre primitivo era Caveancos,se encuentra una de las más antiguas capillas de Terra de Montes, fundada en el último tercio del s. XVI por Juan de Gosende y su esposa María Benita de Castro, ascendientes del Padre Sarmiento y Rosalía de Castro respectivamente. Es una pequeña ermita, dedicada a San Salvador que está situada en medio del rueiro. En ella fundaron una capellanía vincular y familiar colativa con la carga de seis misas anuarias a celebrar por un capellán nombrado por los patronos. La visita el Cardenal J. del Hoyo y ordena a los sucesores de Juan de Gosende que "la retejen y caleen y tengan muy limpia, según su fundadora Benita de Castro había ordenado en su testamento". Parece que esta disposición no se observó, pues el obispo Avaren la visita en 1737 y la encuentra "con uno de los muros caídos", pero el patrono la restaura a instancias del obispo, lo mismo que la casa-pazo situada a su lado.
En 1778 era capellán Domingo Antonio Cadavid, al que sucedió en 1786 Domingo Bravo, más tarde rector de S. Salvador de Poio (1792). Este mismo año fue nombrado capellán de Cabenca, Manuel Martin Camiña. A partir de mediados del siglo pasado los patronos no cumplieron con la fundación, aunque disfrutaban los bienes. Hoy depende del rector de Cerdedo y se halla bien conservada. Conserva una campanilla de mano del tiempo de su fundación, de "bronce, fundida, ostentando águias e outros bichos, de estilo renacente, con esta inscripción arredor: ME FECIT JOHANNES AFINE A. 1554", Según F. Bouza Brey, que la visitó en 1931.
Documento 2.
Aquí estuvo la capilla dedicada a San Salvador, fundada en el siglo XVI por los ascendientes del padre Sarmiento y de Rosalía de Castro, Juan Gosende y María Benita de Castro. En la capilla se conserva una campanilla de mano de la época de su fundación, de "bronce, fundida, ostentando aguias e outros bichos, de estilo renacente, con esa inscripción arredor: Me fecit Johannes Afine A 1554".
Os tesouros da capela de San Salvador
Faro de Vigo
Faro de Vigo
Os tesouros da capela de San Salvador
A capelanía de Cavenca foi fundada no século XVIII e aínda conserva moitos dos seus elementos orixinais
José Manuel Bértolo/Luis Ferro | A Estrada 27·10·15 | 02:47
Moi preto da capital cerdedense atópase o lugar de Cavenca. Entre as casas e xunto a unha capela podemos ver un letreiro que di: Concello de Cerdedo. Capela de San Salvador (s. XVI). Porén a capela é bastante máis nova do que pon o letreiro. A capela e capelanía de San Salvador foi fundada por don Pedro Antonio Garrido Oitavén, veciño de Cerdedo, que fixo un vínculo en beneficio da capelanía, reservándose a facultade de mandar sobre esta obra pía. Dita capelanía foi aprobada o 11 de maio de 1744 e o primeiro estudante que se formou á conta da capelanía chamábase José Antonio de Covelo, natural de Covelo.
A capela está construída con bos perpiaños pero de xeito moi sinxelo e sen máis abertura que a porta. O único adorno é a espadana que se erixe sobre o portal de entrada, cun só van para a campá e que remata nun pináculo sobremontado dunha cruz e adornada con outros dous pináculos rematados en bola a cada lado. Ten un tamaño aproximado de 6x7 m e unha altura de 2,50 m sen contar a altura do tellado.
O seu interior é moi austero. Antes tiña un sinxelo retablo de madeira con tres fornelas do mesmo tamaño onde ían colocadas as imaxes do Salvador, Virxe do Carme e Santa Rita, e na parte superior do retablo, baixo un arco que cubría as tres fornelas, estaba a imaxe do Pai Eterno.
Todas as imaxes que ten a capela teñen entre 40 e 70 centímetros. Actualmente as imaxes, restauradas hai pouco, están sobre unhas peañas pegadas á parede, na mesma disposición que cando había retablo.
A imaxe de Cristo Salvador (coñecida como San Salvador), a quen está dedicada a ermida, móstrase vestida con traxe talar e manto cunha especie de tiara na cabeza, e coa man dereita en actitude de bendicir mentres sostén coa outra man a bola do mundo, que ten unha cruz enriba dela.
Tamén conta cunha boa talla da Virxe do Carme co neno Xesús na man esquerda e con coroa sobre a cabeza está a carón do Salvador. E doutro lado unha imaxe, que orixinariamente representaba a santa Rita. É á que lle faltaba a man dereita, pero tras unha restauración púxoselle unha man cunha rosa, de aí que de santa Rita pasou a ser considerada santa Rosa.
Por último, a talla do Pai eterno presenta a un home barbado e coas dúas mans levantadas coas palmas cara o espectador en ademán de acollida, se ben dá a impresión que os brazos e mans pola súa ruda e basta talla non son as orixinais e alguén máis ou menos mañoso llas engadiu.
Na capela hai outras imaxes entre a que destacamos un san Antón, que nos fai sorrir pois presenta a un freire ben mantido, así como un neno Xesús repoludo, sostido polo santo coa man esquerda, pois na dereita leva unha cruz.
Tódalas imaxes parecen ser da época en que se levantou a capela, todas excepto unha virxe de Monserrat, que foi unha doazón máis recente.