Blog

Lanzamento do proxecto "Aí Ven Avelino!": homenaxe a Avelino Cachafeiro

29 de maio de 2024

Teño a gran alegría de anunciar o lanzamento dun novo proxecto chamado Aí ven Avelino!, unha homenaxe a Avelino Cachafeiro no centenario do seu nomeamento como mellor gaiteiro de Galicia en 1924. Este proxecto é parte das actividades de Músicas da Terra de Montes e busca celebrar a vida e a música deste ilustre gaiteiro.

Aí ven Avelino! é unha iniciativa que invita a músicos e amantes da música tradicional galega a participar e render tributo a Avelino Cachafeiro. O proxecto está aberto a diversas formas de participación, desde formacións de cuartetos tradicionais ata interpretacións solistas.

Modalidades de participación

Gustaríame que todos teñades a oportunidade de participar nesta homenaxe de varias formas:

Aí ven Avelino! é unha ocasión especial para celebrarmos xuntos a música tradicional galega e render tributo a un dos máis grandes gaiteiros da nosa terra. Esperamos contar coa vosa participación e que esta homenaxe sexa un éxito rotundo. Que vivan as nosas músicas!