Músicas da Terra de Montes

Músicas da Terra de Montes é un proxecto creado polo músico Rubén Troitiño adicado á conservación, estudo e difusión das músicas da comarca da Terra de Montes. 

A historia do proxecto

A historia de Músicas da Terra de Montes comeza en 2005, cando Rubén Troitiño iniciou a recollida dos nomes dos músicos que, nos anos pasados, tocaban a gaita na comarca. A idea inicial era crear unha lista que se publicara no portal web da Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo. Con todo, a medida que o tempo pasaba, a información recollida foi aumentando e a lista expandíndose cada vez máis. Durante uns anos, este proxecto quedou un pouco en pausa, pero foi en 2015 cando se retomou con novo impulso.

O confinamento do 2020 proporcionou o tempo necesario para que o que comezara como unha pequena lista de gaiteiros se convirtese nunha investigación máis profunda sobre a vida e a historia das músicas da Terra de Montes. A memoria colectiva, en moitos casos, tiña case esquecida a presenza de moitos músicos do antigo concello de Cerdedo e Forcarei, entre eles gaiteiros, pandeireteiras, bandas de música e outros artesáns. Este proceso de recuperación e recompilación de datos históricos e biográficos tamén inclúe a conservación de material físico, como instrumentos e fotografías, que achegan unha dimensión máis directa e tangíbel á realidade destes músicos.

Un dos obxectivos principais deste proxecto é deixar constancia da gran cantidade de gaiteiros, acordeonistas, pandeireteiras, percusionistas e músicos de banda que houbo nesta comarca. A través da memoria dos nosos maiores, conseguimos recuperar unha parte fundamental da nosa historia, unha tradición que se transmitiu de xeración en xeración, manténdose viva durante anos e persistindo até os nosos días. A colaboración de persoas e entidades que axudaron na investigación e na creación de contidos foi fundamental, e dende aquí queremos expresar o noso agradecemento a todas aquelas persoas que, de maneira desinteresada, enriqueceron este proxecto.

O proxecto

Músicas da Terra de Montes nace co propósito de preservar e dar valor ás expresións culturais transmitidas oralmente durante xeracións. Este patrimonio, que se perde pouco a pouco co paso do tempo, merece ser gardado e respectado. Queremos recoller testemuños, repertorios e biografías das persoas que viviron para a música e construír así un arquivo vivo que sirva de referencia para o futuro. Traballamos con coidado e dedicación para que cada historia e cada melodía queden rexistradas e sigan sendo fonte de inspiración.

Dentro deste marco, o arquivo virtual das músicas da Terra de Montes presenta un percorrido pola historia musical desta zona, incluíndo as pandeireteiras, gaiteiros, bandas de música e pequenas orquestras que animaban as festas e romerías, mantendo a música viva durante moitos anos. A maioría destes músicos non foron figuras de renome nacional, pero foron profundamente populares nas súas comunidades, deixando un gran legado cultural que agora podemos estudar e preservar. Actualmente, o arquivo conta con máis de 280 artigos e segue en constante renovación coas últimas investigacións e novidades. 

Colabora co proxecto

Músicas da Terra de Montes está aberto á participación de toda a comunidade. Se tes fotografías, gravacións ou algún outro tipo de material relacionado co patrimonio musical da comarca, invitámoste a compartirllo. A túa colaboración axudará a manter viva esta rica tradición e a asegurar que non se perda no tempo.

Toda a información compartida está en constante renovación coas últimas investigacións e novidades.

Este proxecto é totalmente altruísta e de libre consulta.

Agradecementos

Este proxecto non sería posible sen a colaboración das veciñas e veciños dos concellos de Forcarei e antigo concello de Cerdedo. 

Ademáis, facer unha especial mención a: 

ARTIGOS

A. C. O Tear de Llerena | Azucena Arias | Guillerme Ignacio | Loli Arias 

INFORMANTES E OUTRAS COLABORACIÓNS

Adolfo Regueiro | Alejandro Rey | Alejo Amoedo | Alba Faro | Alfonso Gil | Álvaro Carballo | Amancio Bértolo | Ana Barreiro | Ana Couto | Ana Doval | Ana María Otero | Ana Porto | Andrea Morgade | Antonio Lois Fraíz | Asun García | Avelino Alberte | Calros Solla | Carlos Blanco | Carme Bugarín | Carme Hermida | Carmen Gulías | Chus Solís | Clara Iglesias | Concha Cortizo | Conchi Ávila | Cristina Filloy | David Barreiro | Erea Castro | Francisco Alberte | Francisco Félix Cachafeiro | Francisco Rozados Rochi | Francisco Viéitez | Hugo López | Inés Álvarez | Ismael Ferrón | Jesús Barreiro | Jesús Pérez | Jose Ángel Rapado | José Cortizo Martínez | José Luis Troitiño | Jose Manuel Gil | José María Álvarez | José Raposeiras | José Vidal | Juan Bautista Alberte | Juan Casalderrey | Julio Durán | Laura Pichel | Loli Iglesias | Luis Bello | Luis Cagide | Luis María Cadavid | Luis Prego | Malores Villanueva | Manolo Varela | Manuel Campos | Manuel Fortes | Manuel Villaverde | Manuela Cortizo Medal e familia | Maricarmen Monteagudo | Maricarmen Varela | María Teresa Sanmartín | Martín González | Mary Canabal | Mónica Bugallo | Narenka Pérez | Noelia Ratel | Noemí Cendón | Pablo Pascual | Pablo Seoane | Paco González | Paulo Vicente | Pedro Prado | Pura Lavandeira | Ramiro Alberte | Rebeca Ricoy | René Gerpe | Rita Barreiro | Roberto Gerpe | Sonia Barreiro | Teresa Cuíñas | Teresa López | Victor Cachafeiro | Xandre Outeiro | Xoán Carlos Garrido | Xosé Manoel Rivas Troitiño | Xosé Troiano | Xulio Couxil

ENTIDADES PARTICIPANTES

A. C. Os Abrentes de Cerdedo | Arquivo da Deputación Prinvincial de Ourense | Asociación de Gaiteir@s Galeg@s | Asociación Socio-Cultural O can de San Roque | Asociación Veciñal de Sabucedo (A Estrada) | Banda de gaitas do concello de Forcarei | Banda de música de Cerdedo | Banda de música de Forcarei | CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza (Castro Floxo) | CEIP de Soutelo de Montes | Concello de Cerdedo-Cotobade | Concello de Forcarei | Eresbil (arquivo vasco da música) | Escola de Música de Cerdedo | Hermandad Gallega de Venezuela | KACHET Loxística | Luar (Televisión de Galicia) | Lume na Palleira (Radio Galega Música) | Lus de Keikoa | Músiques Ceives | Museo de Pontevedra | Os Charanghaitos | Pandeireteiras do Val de Quireza | Rapa das Bestas (Sabucedo) | TECNOSAGA, S.A.